CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


2539 votos
Votar | | | |


21-12-2009

O programa televisivo ‘Ben falado!’, agora en DVD

Ben falado!Unha antoloxía de oitenta e dous capítulos do microespazo divulgativo sobre a lingua galega da Televisión de Galicia, Ben falado!, edítase agora en DVD, e xa está á venda nas principais librarías do país. Ademais, a SXPL enviarállelo aos centros de ensino e aos centros de estudos galegos do exterior, mais non aos SNL.

A Televisión de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaban de editar unha antoloxía de 82 capítulos do programa Ben falado!, un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega do que a TVG emitiu na súa canle principal arredor de 250 capítulos.

Na actualidade, desde o verán, a televisión pública galega retirou da súa grella este espazo, mais desde a SXPL e desde a TVG anuncian que haberá novos capítulos en 2010.

O DVD que se acaba de editar compila 82 dos arredor de 250 capítulos emitidos, e está á venda nas principais librarías galegas.

Ademais de estar á venda, a SXPL anunciou que "distribuirá exemplares nos centros educativos de Galicia e nos máis de corenta centros de estudos galegos de fóra da comunidade". Por esta razón, desde a CTNL envióuselle unha carta á SXPL na que se sinala que "como ben sendo habitual, unha vez máis a SXPL «esquécese» para a distribución de materiais normalizadores dos arredor de 80 servizos de normalización lingüística que están activos no país, cando, lembrámoslle, unha das funcións principais da SXPL é «promover, impulsar e coordinar o labor de normalización lingüística dos servizos de normalización doutros organismos e administracións públicas» (Decreto 83/2009, do 21 de abril)."

Deste xeito, desde a CTNL "solicitámoslle que desde a SXPL se teñan en conta os servizos de normalización lingüística (de concellos, de universidades, doutros organismos, etc.) para a distribución de materiais e, neste caso en concreto, que se lles envíen aos SNL exemplares do DVD do programa televisivo Ben falado, igual que se lles envían aos centros de ensino ou aos centros de estudos de fóra da comunidade."


Ligazóns relacionadas


Carta da CTNL á SXPL sobre a distribución de materiais normalizadores

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego