22-12-2009En Nadal, tamén a túa mesa en galego
Símbolo de orixe e calidade, valor engadido, sorpresa, con sumo gusto... Durante estas festas é habitual xuntarse ao redor dunha mesa para comer, e hai produtos de calidade etiquetados en galego que podemos utilizar. Viños, licores, auga, cervexa, carnes, lácteos e queixos, marmeladas, mel, aceite...
Deste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no seu web un especial co título
Este Nadal, a túa mesa, en galego, no que se recollen unha serie de recomendacións para utilizar algúns produtos etiquetados en galego, como viños de arredor de 150 adegas; auga; licores; produtos cárnicos (xamón, chourizo, carne fresca, etc.); queixos e lácteos; marmeladas; conservas vexetais e infusións; mel; ou aceite.
Podes consultar o especial Este Nadal, a túa mesa, en galego aquí.