CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8903 votos
Votar | | | |


14-01-2010

Xornadas sobre a represión lingüística en Galiza, en Ames

Xornadas represión lingüística AmesO Concello de Ames, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza unhas Xornadas sobre a represión lingüística en Galiza, que terán lugar ao longo dos venres 15, 22 e 29 de xaneiro no Pazo da Peregrina, e que inclúen a exposición Crónicas da represión lingüística, que está a percorrer todo o país.

ACTIVIDADES

Venres 15 de xaneiro
19.00 h: Inauguración da exposición
19.30 h: Proxección do documental Crónicas da represión lingüística en Galiza, de Xan Leira

Venres 22 de xaneiro
19.00 h: Charla-coloquio "Crónica persoal da represión lingüística", con representantes do BNG, PP e PSdeG de Ames

Venres 29 de xaneiro
19.00 h: Charla-coloquio "A represión lingüística en Galiza. Do s. XX á actualidade", con María Pilar Freitas Juvino

EXPOSICIÓN DOCUMENTAL

Do 15 ao 31 de xaneiro de 2010. De luns a venres de 18.00 h a 21.00 h e sábado de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h.

Na exposición, cada hora haberá unha proxección do documental Crónicas da represión lingüística en Galiza, de Xan Leira.

Ademais, todas as persoas que visiten a exposición poderán deixar as súas experiencias sobre a represión lingüística, que serán gravadas en audio.

Tanto a exposición como todas as actividades terán lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

SNL do Concello de Ames

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego