CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


901 votos
Votar | | | |


15-01-2010

A CTNL denuncia numerosos problemas na convocatoria dos cursos Celga e pídelle á Xunta que rectifique

Solicitude de modificación da convocatoria dos cursos Celga 2010A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denuncia que a recente convocatoria de cursos Celga presenta numerosas eivas que provocarán caos e graves prexuízos na organización e desenvolvemento e na inscrición en cursos e exames de persoas interesadas, polo que se dirixiu á SXPL para solicitar a modificación desa convocatoria.

As bases da convocatoria supoñen que nalgúns casos a xente se ten que matricular no exame antes de saber se ten praza nun curso, ou que se ten que inscribir nos cursos con até sete meses de antelación, aulas masificadas e con alumnado con coñecementos moi desiguais, etc.

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicitoulle á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) que modifique a convocatoria dos cursos preparatorios para as probas Celga, publicada no DOG do 11 de xaneiro, xa que esta presenta unha serie de problemas que provocarán caos e graves prexuízos na súa organización e desenvolvemento e na inscrición nos propios cursos e nos exames Celga de moitas persoas interesadas.

Segundo denuncia a CTNL, esa convocatoria por parte da Xunta supón, ademais, unha desconsideración absoluta dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos que, na práctica, son quen maioritariamente se encargan de xestionar e difundir os cursos e a inscrición das persoas participantes, e por parte da SXPL non hai ningún contacto nin coordinación previa coa gran maioría dos SNL para a planificación territorial e temporal dos cursos.

Na convocatoria publicada polo departamento de Política Lingüística da Xunta hai unha total falta de universalidade e de planificación territorial da oferta formativa, que suporá que haxa comarcas enteiras nas que non se realice ningún curso de galego en todo o ano, o que significará que a poboación desas comarcas non teña oportunidade de formarse en lingua galega para as probas Celga se non é desprazándose grandes distancias.

Ademais, a convocatoria presenta numerosas eivas que, de non seren corrixidas, provocarán caos na organización e na inscrición das persoas interesadas, pois estabelece que nalgúns casos a xente se teña que matricular no exame antes de saber se pode participar nun curso (a data de matrícula no exame remata o 25 de marzo, cando a resolución de concesión de cursos para colectivos se fará pública o 31 de marzo); que a xente se ten que preinscribir nos cursos con até sete meses de antelación (o prazo de preinscrición nas listaxes de cursos colectivos remata o 27 de febreiro, aínda que o curso sexa no mes de outubro); aulas demasiado numerosas (30 persoas) para a aprendizaxe lingüística e con alumnado con coñecementos moi desiguais; período moi reducido para a realización dos cursos solicitados por colectivos (escasamente un prazo dun mes e medio para o desenvolvemento dun curso de 75 horas); etc.

A CTNL xa lle remitiu en outubro de 2009 ao departamento que dirixe Anxo Lorenzo unha proposta de mellora do sistema de formación en lingua galega de persoas adultas, mais a Xunta non tivo en conta ningunha desas propostas e optou pola aprobación e publicación dunha convocatoria que repite todos os erros de edicións anteriores e que provoca todos estes problemas sinalados, polo que desde a CTNL se lle pide agora á SXPL que rectifique e que modifique a convocatoria de cursos Celga.

A solicitude completa da CTNL pode descargarse, en .pdf, aquí

INFORMACIÓN NOS MEDIOS

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego