CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7235 votos
Votar | | | |


03-02-2010

Cantalingua! Concurso musical para temas en galego

CantalinguaPara apoiar a música en galego e contribuír á súa difusión, as entidades organizadores do Correlingua e o portal de música galega Komunikando convocan o concurso Cantalingua, para o que os grupos ou solistas poden presentar, até o 10 de abril, temas en galego. O premio, 11 concertos remunerados durante o Correlingua 2010

Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

Neste concurso poden participar todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical que manden unha canción en galego. O prazo de presentación de temas remata o 10 de abril.

Os grupos ou solistas gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, e mais un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.

O premio consiste en varios concertos remunerados (700 € por concerto) no Correlingua 2010. Ao primeiro clasificado outorgaránselle 5 concertos, ao segundo 3 e ao terceiro 2.

As carreiras lúdico-festivas-reivindicativas do Correlingua 2010, que se desenvolve co lema A forza do noso amor, terán lugar entre o 3 e o 14 de maio en 14 vilas e cidades galegas.

Podes consultar as bases completas do Cantalingua e as cancións a concurso pora poder escoitar e votar.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego