CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7174 votos
Votar | | | |


08-02-2010

A xanela. Falando, abrimos unha ventá ao mundo. Documental sobre o galego ante os ollos e oídos dunha rapaza rusa

A Xanela, de Daria ShornikovaDaria Shornikova, unha rapaza rusa que pasou parte do verán de 2009 en Compostela aprendendo galego, acaba de publicar na rede o documental "A xanela", o seu filme-impresión, un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou aquí e que agora dá a coñecer para dicir que "falando, abrimos unha ventá ao novo mundo"

Daria Shornikova, unha rapaza rusa de 20 anos, chegou a Compostela no verán de 2009 para participar nos cursos de galego para persoas estranxeiras organizados pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG). Viu que o tema da lingua era un tema vivo, polo que decidiu saír polas rúas para falar coa xente. Agora acaba de publicar A xanela, un documental na rede que é, segundo ela, un álbum de imaxes das persoas que foi coñecendo, unha colección das cousas que lle explicaron sobre lingua e o seu recordo de Galiza e do galego. Un filme-impresión, un filme-lexicón, un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou en aquí.

Falan as galegas, os galegos, e as/os amantes de Galiza e da súa lingua. Os nenos, os estudantes, os profesores. Os músicos, os escritores, os mariñeiros, os peregrinos, os cociñeiros, os investigadores. Os do mar, os do bar, os da tenda, os do goberno, os da radio, os da rúa, os da praza, os da festa.

Daria ofrécenos en pouco máis de 60 minutos, a través da súa Xanela, unha visión sobre a lingua galega limpa de prexuízos, creada escoitando a xente que a usa e que debe servir para aumentar a nosa autoestima.


Ligazóns relacionadas

A Xanela. Falando, abrimos unha ventá ao novo mundo (Daria Shornikova. 2010)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego