CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


3051 votos
Votar | | | |


17-02-2010

X Concurso de relato oral Tíralle da lingua

Tíralle da linguaTíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. A inscrición no concurso está aberta até o 16 de abril e a fase final terá lugar o día 28 de abril en Santiago de Compostela.

Bases do concurso

1ª As historias poderan ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2ª As historias contaranse en galego.

3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)

4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

1) Primaria.

2) 1º Ciclo de ESO.

3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:

1) A nivel centro de ensino.

2) A nivel nacional.

7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se lles comunicará aos centros.

8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 16 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9ª A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago, no Teatro Principal, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.

10ª Na fase final concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.

Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego