CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


8168 votos
Votar | | | |


16-03-2010

Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río, agora tamén en libro

Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río
O proxecto dixital Un idioma preciso, coordinado por Xusto Rodríguez Río, agora ten tamén o seu irmán en papel, unha obra que reflexiona sobre a linguaxe utilizada na comunicación técnica e científica en forma de artigos sobre problemas de léxico habitual nos que se analizan conceptos de diferentes áreas de especialidade, sobre os que se fai unha reflexión sobre a conveniencia de uso e para os que se propoñen as solucións máis acaídas.




Un idioma preciso reflexiona sobre os procesos de creación de léxico na lingua galega e, singularmente, naqueles termos máis de voga en ámbitos e disciplinas científicas. Un libro que axuda a ver doutro xeito a comunicación e a lingua, a comprender como se crea e se move.

Esta obra é unha das que inaugura a recentemente estreada 2.0 editora.

Un idioma preciso
Autor: Xusto Rodríguez Río
ISBN: 978-84-936514-0-4
Páxinas: 298
2.0 editora. Colección folcsonomías. 2010
Prezo: 18 €

Xusto Rodríguez Río, até este ano secretario da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é técnico do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Terminoloxía. A versión dixital de Un idioma preciso, que el coordina e que xa vai pola entrada 137, foi finalista do premio ao autor do ano da Asociación Galega de Editores (AGE).


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego