CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


8423 votos
Votar | | | |


22-03-2010

Para animar en galego, sen escusas nin atrancos

Para animar en galego, sen escusas nin atrancos"Por costume e comodidade falo castelán", "rinse de min se falo en galego", "exprésome mellor en castelán", "non me gusta o galego", "na normativa do galego hai continuos cambios"... Diversas persoas contestan a estes argumentos dados por monitores/as de campamentos urbanos de tempo libre no caderno Para animar en galego, sen escusas nin atrancos, publicado pola Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer de Ourense.

A Comisión Xalgarete, da Asociación Xuvenil Amencer, de Ourense, observou que nas actividades de lecer os animadores e as animadoras utilizaban maioritariamente o castelán, polo que, en primeiro lugar, querían saber o porqué e, en segundo lugar, querían animar de xeito efectivo a que os monitores e monitoras utilizaran máis o galego.

Así, preguntáronlles a arredor de cen persoas animadoras voluntarias de campamentos urbanos dos centros xuvenís Don Bosco, e houbo respostas de diverso tipo, como por exemplo "porque me educaron en castelán", "porque a maioría dos rapaces e rapazas dos campamentos falan castelán", "porque non domino ben o galego", "porque non me gusta o galego", "porque mesturo o galego co castelán", etc.

Para rebater estes diferentes impedimentos expresados, desde a Comisión Xalgarete pedíronlles razóns a diferentes persoas, argumentos e motivacións que animen a animar en galego no tempo de lecer.

O resultado é o caderno Para animar en galego, sen escusas nin atrancos, unha ferramenta para axudar a animar en galego no tempo libre.



Sen imposicións nin mentiras, nas profundas e orgullosas motivacións participan diversas persoas comprometidas coa normalización lingüística, como, por exemplo, Roberto Catoira, Rubén Rivas, Rubén Aramburu, Xan Guillén, Séchu Sende, Henrique Monteagudo, Xabier P. Docampo, etc.

Ademais, a guía inclúe referencias a diversos recursos para seguir afondando no tema.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego