O Consello da Cultura Galega (CCG) convoca unha bolsa de colaboración co Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e dúas coa Área de Publicacións, as tres dirixidas a persoas licenciadas en Filoloxía Galega. O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 26 de abril.
O Consello da Cultura Galega (
CCG) anunciou no
DOG do 25 de marzo de 2010 a convocatoria de 14 bolsas de colaboración con esta entidade. Tres desas bolsas están dirixidas a persoas licenciadas en Filoloxía Galega e relacionadas con proxectos lingüísticos:
Unha bolsa para colaborar co Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (
CDSG)
-Requisito específico: licenciatura en Filoloxía Galega
-Méritos: coñecementos de servizos de normalización lingüística, de actividades de dinamización e de estudos sociolingüísticos
Dúas bolsas para colaborar na Área de Publicacións-Requisito específico: licenciatura en Filoloxía Galega
-Méritos: coñecementos de tradución e de corrección lingüística, de edición de textos e de informática
ASIGNACIÓN ECONÓMICA: 850 euros mensuais
DURACIÓN: até o 31 de decembro de 2010
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
un mes, a partir do día seguinte ao da publicación no
DOG Convocatoria completa en .pdf (DOG do 25/3/2010) >