26-03-2010III Xornadas lingua, literatura e nación, en abril na Coruña
Luís Tosar, Susana Seivane, Fernando Vázquez, Pilar Neira, Bautista Álvarez, Xurxo Souto, Tareixa Navaza, Tonhito de Poi ou O Leo i Arremecághona, entre outras e outros, participarán nas III Xornadas lingua, literatura e nación, que organizan os Comités en colaboración coa UdC e que terán lugar os días 21, 22 e 23 de abril na Coruña
Os
Comités da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña organizan por terceiro ano as Xornadas lingua, literatura e nación: normalizando a lingua, normalizando a nación.
Descarga aquí o programa completo (.pdf) >DATAS: tardes dos mércores 21, xoves 22 e venres 23 de abril de 2010
LUGAR: Aula Magna da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
INSCRICIÓN: de balde,
aquí