28-03-2010Seminario de dinamización lingüística no ensino (A Coruña, Lugo e Vigo)
A SXPL organiza o V Seminario de dinamización lingüística no ensino, dirixido ao profesorado dos ENDL, e nesta edición centrado no aproveitamento dos recursos tecnolóxicos. O seminario terá lugar na Coruña, Lugo e Vigo entre o 20 e o 29 de abril, e a data de inscrición remata o día 12 de abril.
O
V Seminario de dinamización lingüística no ensino terá lugar nas sete cidades galegas nos meses de abril e maio. O criterio preferente de selección para poder asistir a estas xornadas será a pertenza a un ENDL, que deberá certificarse mediante mensaxe electrónica do director ou directora do centro ao CFR correspondente.
Lugares e datasO primeiro destes seminarios celebrarase na
Coruña,
Vigo e
Lugo durante os
días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de abril.
A data límite de inscrición é o 12 de abril, a través de
https://www.edu.xunta.es/fprofe *
Programa da Coruña [.pdf] *
Programa Lugo [.pdf] *
Programa Vigo [.pdf] Pola súa banda, en
Ourense,
Ferrol e
Pontevedra o V Seminario de Dinamización Lingüística realizarase durante os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de maio.
En
Santiago de Compostela as datas serán 4, 5, 6, 11, 12 e 18 de maio.
En todos estes lugares a
data límite para a inscrición será o
23 de abril, tamén a través de
https://www.edu.xunta.es/fprofe