CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8396 votos
Votar | | | |


17-10-2007

A Deputación da Coruña financia os servizos de normalización lingüística de 43 concellos

A Deputación da Coruña asinou convenios para o financiamento de servizos de normalización lingüística de 43 concellos. A esta acción o organismo provincial destina este ano máis de 500.000 euros.

Os concellos que asinaron os convenios son: Vilasantar, Santiso, Boimorto, Frades, San Sadurniño, Dumbría, Boqueixón, Tordoia, Cariño, Vedra, Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Cerceda, Oroso, Arzúa, Ponteceso, Ortigueira, Cee, Outes, A Laracha, Ordes, Oleiros, As Pontes de García Rodríguez, Abegondo, Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo, Carnota, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Miño, Muros, Muxía, Pontedeume, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vimianzo e Ribeira. Do total dos concellos, 19 asinan o convenio por vez primeira e o resto, é dicir, 24, prorrogan o acordo coa Deputación. As cantidades que van percibir oscilan entre os 12.000 e 6.000 euros.

Xoán Manuel Sande, responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación coruñesa destacou que "as administracións locais teñen que xogar un papel fundamental na normalización e na dignificación do noso idioma, é por iso que desde a Deputación da Coruña se presentou hai uns anos a posibilidade de conveniar cos concellos que así o desexaren a creación e o mantemento de servizos de normalización lingüística". Tamén sinalou que "a convocatoria de axudas deste ano foi un éxito, pois case duplica o número de concellos que van contar cun SNL, xa que se chegará a preto da metade dos concellos da provincia".

No acto de sinatura tamén se lembrou que a Deputación da Coruña participará coa Xunta no Consorcio para a Planificación Lingüística, para así darlle estabilidade, continuidade e un carácter transversal á política lingüística e aos departamentos técnicos de normalización, sen que dependan de puntuais subvencións.

I ENCONTRO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DESDE AS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS DA CORUÑA

No acto de sinatura dos convenios tamén se anunciou a organización dun encontro que terá lugar no Pazo de Mariñán o vindeiro 28 de novembro, coa finalidade de pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística; debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego; dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local; e deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións. Con este encontro colaborará a CTNL.

- Nova tirada do web da Deputación da Coruña.


Ligazóns relacionadas

A Deputación financia o uso do galego na administración local (El ideal Gallego) 43 concellos coruñeses firman un convenio para a normalización (Galicia Hoxe) A Deputación subvenciona a normalización do galego de 43 municipios (La Opinión de A Coruña)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego