CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


2142 votos
Votar | | | |


22-04-2010

Convocatoria de subvencións para a creación e mantemento de servizos lingüísticos nos concellos galegos e para actividades de dinamización lingüística

Convocatoria SXPL
A SXPL fai pública a convocatoria de subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de servizos lingüísticos ou para o desenvolvemento de accións de dinamización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 22 de maio


- Convocatoria completa en .pdf (publicada no DOG do 22/4/2010) >
- Anexos en .pdf para cubrir electronicamente >

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta publica, no DOG do 22/4/2010, a convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico en concellos ou agrupacións de concellos con poboación igual ou superior a 3.000 habitantes, así como a subvencionar a planificación e o desenvolvemento de programa de dinamización da lingua galega.

Esta convocatoria de subvencións introduce importantes cambios con respecto ás convocatorias de anos anteriores.

Para concellos ou agrupamentos de concellos que teñan unha poboación mínima de 3.000 habitantes
Para a creación, mantemento ou reforzamento de servizos de normalización lingüística, a convocatoria está destinada a concellos que teñan un mínimo de 3.000 habitantes, mais no caso de municipios máis pequenos, estes poderanse agrupar para crear un servizo lingüístico compartido.
Para o financiamento de actividades de dinamización non hai límites poboacionais.

Servizos con técnicos/as superiores de normalización lingüística
Os/as técnicos/as de normalización lingüística deberán ter a categoría profesional de licenciados/as (grupo A1 ou equivalente), e deberán posuír licenciatura en Filoloxía Galega ou outras titulacións superiores das áreas de humanidades ou ciencias xurídicas ou sociais, sempre que estean en posesión do Celga 5.

Servizos lingüísticos co obxectivo de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal
A convocatoria de subvencións sinala que os servizos lingüísticos deben desenvolver funcións de dinamización, formación (socio)lingüística, asesoramento e coordinación en todos os ámbitos do termo municipal, coa finalidade de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos e sectores sociais.

Ademais, os servizos lingüísticos tamén deberán coordinarse co futura Rede de Dinamización Lingüística para planificar e executar accións de fomento do uso do galego.

Priorizaranse as intervencións nos ámbitos da mocidade, o deporte, a empresa e as TIC
A convocatoria prioriza os programa de dinamización lingüística que incidan na galeguización de instalacións, actividades e entidades deportivas, que estimulen o uso do galego na poboación máis nova, que promovan o uso do galego por parte das empresas e que fomenten o galego nas novas tecnoloxías e internet.

Forte redución orzamentaria de case o 25% con respecto a anteriores convocatorias
A contía que a SXPL lle dedica a esta convocatoria é de 602.668 €, o que supón unha redución orzamentaria de case o 25% con respecto á última convocatoria de subvencións para a normalización lingüística na administración local, publicada en xuño de 2008, e que estaba dotada cunha contía de 800.000 euros. Esta grave redución orzamentaria dificultará a consecución dos obxectivos sinalados na convocatoria e o cumprimento dos novos requisitos estabelecidos.

O prazo de solicitude remata o 22 de maio
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

- Convocatoria completa en .pdf (publicada no DOG do 22/4/2010) >
- Anexos en .pdf para cubrir electronicamente >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego