CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7267 votos
Votar | | | |


07-05-2010

A Festa da Lingua chega á comarca de Compostela (28 de maio-Ames)

III Festa da Lingua - 2010 - Ames
@s que o mamaron na casa. @s neofalantes. @s que din: pero eu non cho sei falar ben. @s que llelo falan aos seus fillos. @s que se arrepinten de non falárllelo... Tod@s teñen unha cita o venres 28 de maio en Bertamiráns, Ames, onde terá lugar a III Festa da Lingua organizada pola Deputación da Coruña, e na que participarán Espido, Talía Teatro, Celso F. Sanmartín e a Banda de Balbina, con presentación de Belén Regueira e manifesto de Carlos Negro


A Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos de Santiago de Compostela, Rois, Dodro, Teo, Oroso e Ames, organiza a III Festa da Lingua, que terá lugar o venres 28 de maio ás 20.30 h na Casa da Cultura de Bertamiráns.

As dúas primeiras edicións desta festa tiveron lugar na Coruña, mais a partir deste ano a Deputación levaraa cada ano a unha comarca diferente. Neste 2010 á de Compostela, en colaboración cos concellos da comarca que contan con servizo de normalización lingüística (SNL).

Na festa haberá música en galego da mellor, con Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández) e A Banda de Balbina (grupo gañador de A Polo Ghit 2009); teatro, co monólogo Nin en soños, de Séchu Sende, interpretado por María Ordóñez, de Talía Teatro (isto será un pequeno adianto do que será unha nova obra centrada na lingua galega, continuidade de Bicos con Lingua); e narración oral, co Bicoca de boca en boca de Celso F. Sanmartín.

Da condución do acto encargarase a comunicadora Belén Regueira, e do manifesto da festa, o escritor Carlos Negro.

DÍA: venres 28 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames

Entrada de balde con convite previo, que se pode recoller no SNL dos concellos colaboradores

Información completa en .pdf >

Quen fala aí?

@s que o mamaron na casa. @s neofalantes. @s que din: pero eu non cho sei falar ben. @s que llelo falan aos seus fillos. @s que se arrepinten de non falárllelo. @s que se negan a dicir grazas. @s que apuntan en libretas as palabras que di a súa avoa. @s que viñeron de Erasmus e decidiron aprendelo. @s que buscan amante galego-falante. @s que xa o teñen. @s que teñen gheada. @s que teñen seseo. @s que colocan mal os pronomes. @s que non cambian de lingua nas tendas caras nin no médico. @s que aseguran que é o idioma no que pensan as vacas. @s que o usan no tuenti. Sue Ellen e Shin Chan. @s que preguntan: mamá, e nós por que falamos así? @s que cren que os seus tomates e a súa lingua son os mellores. @s realmente plurilingües. @s reintegracionistas. @s isolacionistas. @s que aprenderon a dicir guindastre vendo a Galega. @ únic@ que o fala no instituto. @s que fan as vogais abertas ou pechadas indiscriminadamente. @s que castrapean. @s que van ao Celga. @s que ligaron coa súa axuda. @s que o falan cando van á aldea. @s que o seguen falando no Parlamento. @s que cren que Son Goku fixo máis por el que moitos políticos. @s de letras. @s físic@s, @s químic@s e @s matemátic@s. @s que votan ao Bloque. @s que votan ao PSdG. @s que votan ao PP de Galicia. @s que votan a outr@s. @s que non votan. Falamos.

Belén Regueira


Manifesto sobre a lingua (ou de como non estou para festas)

Quen hoxe lles fala, desconfía da efectividade dos manifestos a prol do galego (tamén deste, por suposto); se cadra, porque moitas das autoridades que os aplauden cos seus traxes de gala, cando remata a romaría, volven poñer as roupas decote: esas que favorecen o uso prioritario do castelán como instrumento comunicativo da modernidade, pois o galego seica nos limita.

Quen hoxe lles fala, desconfía tamén das consignas partidistas: dese círculo vicioso de sofismas maniqueos que rematan coa paciencia dun santo.

Mais non pensen que este é un discurso equidistante: máis ben pretende ser un agasallo para un fillo de catro anos, porque eu non quero negarlle a el o que a min me negaron. Tamén na escola.

Non quero negarlle as mil primaveras de Álvaro Cunqueiro.

Non quero negarlle a modernidade de acceder a outros idiomas e culturas, mais sempre desde a experiencia de sentir viva a nosa lingua na boca.

Non quero, en definitiva, negarlle o privilexio de ser un cidadán do seu tempo: conectado en rede co resto do universo, mais coas raíces nas terras de Ortoño.

Por iso, e a pesar das treboadas políticas, quixera seguir a confiar no común da xente; neses milleiros de persoas que, desde o amor e a liberdade, deciden que a mellor defensa da lingua acontece nese lugar tan prosaico que denominamos día a día ou vida cotiá. Aí, nas xornadas non festivas, é onde decidimos o destino do galego: ou peza de museo ou software colectivo.

E o resto veñen sendo andrómenas, brillos fugaces que duran o que dura o fulgor do arco da vella. Ouropel para tranquilizar a nosa mala conciencia de desertores do idioma.

Carlos Negro

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego