10-05-2010I Xornadas sobre A posición e o uso do galego no eido xurídico-social. 12 e 13 de maio, A Coruña
Os Comités da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña organizan as I Xornadas sobre "A posición e o uso do galego no eido xurídico-social"; que se celebrarán os días 12 e 13 de maio no Salón de Actos da Facultade de Dereito
DÍAS: 12 e 13 de maio
LUGAR: Salón de Actos da Facultade de Dereito de Universidade da Coruña
PROGRAMA
CUARTA FEIRA (MÉRCORES) 12 DE MAIO
10.00 h Entrega de material
10.30 h Inauguración
11.00 h “O futuro da lingua: persoas, usuarios e lexislación”. Goretti Sanmartín Rei (directora do SNL da UDC)
12.00 h Descanso
12.30 h “A situación do galego no Concello da Coruña”. Ermitas Valencia Romar (concelleira de Mocidade, Solidaridade e Normalización do Concello da Coruña)
16.00 h “A Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias: contido, efectos e ámbitos de aplicación”. Alba Nogueira López (profesora de Dereito Administrativo na USC)
17.00 h “A razón de ser da Declaración universal dos dereitos lingüísticos”. María do Pilar García Negro (profesora de Filoloxía Galega na UDC)
18.00 h Descanso
18.30 h “O punk galego: Leo i Arremecághona”. O Leo (músico e profesor de galego de IES)
QUINTA FEIRA (XOVES) 13 DE MAIO
10.00 h “A mocidade galega coa ILP”. Iria Aboi Ferradás (secretaria Xeral de GZ Nova)
11.00 h “Lingua e Universidade no EEES”. Xulio Ferreiro Baamonde (profesor de Dereito na UDC)
12.00 h Descanso
12.30 h “Mamá eu Quero Galego!”. Fran Rei García (vicepresidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego) e Xabier P. Docampo (escritor e membro de Prolingua)
16.00 h “A protección da lingua galega como patrimonio cultural”. Carlos Amoedo Souto (profesor de Dereito Administrativo e secretario xeral da UDC)
17.00 h “Visión do galego na sociedade e na mocidade”. Isa Risco (actriz) e Xandre Vázquez (presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística)
18.00 h Descanso
18.30 h “O galego nas asociacións estudantís, a debate”. Azucena Rodríguez Amoroso (coordinadora nacional de IESGA) e Marcos Loureiro Díaz (responsábel nacional de Universidade dos Comités)
Formulario de incrición >Organiza:
Comités