CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7700 votos
Votar | | | |


21-05-2010

Blogaliza recibe o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadores

Blogaliza
Blogaliza.org é a gañadora da primeira edición do premio Rosalía de Castro, convocado pola Deputación da Coruña, para recoñecer a persoas, empresas, asociacións e entidades que, co seu traballo, axudan a impulsar a presenza da lingua galega. O premio seralle entregado na III Festa da Lingua, que terá lugar o venres 28 de maio en Bertamiráns


O xurado seleccionou por unanimidade a proposta de Blogaliza entre as vinte e tres presentadas no I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras.

Blogaliza é unha plataforma que facilita a creación de blogs en galego e, ademais, cataloga, etiqueta, difunde e facilita resumos de mensaxes dos blogs galegos e dispón dunha listaxe destes. A través deste web, os/as internautas poden atopar enlaces aos blogs máis interesantes de cantos se realizan en Galiza, cos contidos divididos por temas de interese como letras, música, cinema, deporte, economía, ensino, ou política.

O Premio Rosalía de Castro, que concede a Área de Normalización da Deputación da Coruña, é un galardón honorífico, sen dotación económica.

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 28 de maio, durante a celebración da III Festa da Lingua, que este ano se celebrará na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello coruñés de Ames.

Para a concesión do galardón valoráronse, entre outros aspectos, a promoción da normalización lingüística, o uso habitual da lingua galega, e a contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social ou cultural.

O voceiro do xurado e decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, destacou a unanimidade do xurado na decisión de entregar o premio a Blogaliza, así como a dificultade de tomar a decisión “xa que había moitos proxectos e iniciativas premiables e ésta é primeira edición, polo que marca o camiño a seguir” en vindeiras convocatorias.

Segundo Xosé Manuel Pereiro, o xurado recoñeceu en Blogaliza “un esforzo de creación de espazos socializadores emerxentes para o galego, que xunta o esforzo persoal e de investimento na creción dun soporte de internet”, que foi creado por en 2003 por Pedro Silva e que dende 2008 pertence a Algueirada SL, desenvolvida polo propio Pedro Silva, Carme Mancebo e Alfredo Ferreiro.

Blogaliza ofrece hospedaxe, mantemento, e desenvolvemento de balde a uns 3.000 blogues dos 9.000 que se calcula que existen na actualidade escritos en galego, que xuntaron o mes pasado 16.000 visitas únicas diarias e preto de 500.000 en total, con 385.000 impactos ao día e 12 millóns no mes.
Pereiro destacou tamén o labor e “o esforzo persoal” dos emprendedores que desenvolveron e manteñen esta web, así como “da xente que fixo da da galipedia unha encilopedia que ten xa o 10% das entradas da wikipedia en castelán, dos que traducen en facebook ou dos que fan que certas aplicacións informáticas estean dispoñibles en galego”.

Pola súa banda, Helena Villar, presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do xurado, agradeceu á Deputación da Coruña a creación deste premio á promoción da lingua galega e considerou que “Rosalía estaría moi contenta” de que o seu premio epónimo se lle concedera a unha iniciativa tecnonolóxica de internet, “xa que ela tamén foi unha muller rompedora e innovadora” no seu tempo.

O xurado do premio estivo presidido polo titular da institución provincial coruñesa, Salvador Fernández Moreda, e integrado por Helena Villar, Xosé Manuel Pereiro; Goretti San Martín Rei, xefa do servizo de Normalización Lingüística da UDC; Mercedes Queixas, coordinadora provincial dos equipos de normalización lingüística; Felipe Senén, técnico de xestión cultural da Deputación; Manuel Rico, xefe do gabinete de política lingüística da delegación territorial da Xunta na Coruña, e Inés Dorado Fernández, técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego