CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1479 votos
Votar | | | |


27-05-2010

Marica Campo gaña o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Marica Campo gaña o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
O VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010, dotado con 1.200 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A procura do tesouro», da escritora Marica Campo. Ao artigo «Por unha Galiza neofalante», de Marcos Abalde Covelo, foille outorgado un accésit


O xurado do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o xoves 27 de maio para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 39 traballos, e decidiu concederlle o premio, dotado con 1.200 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, El Periódico de Bergantiños-Radio Líder, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia, ao artigo titulado «A procura do tesouro», de Marica Campo.

Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade para atraer públicos diversos, con niveis de lectura diferentes; ao seu contido de valor intrínseco, desde as raíces até o futuro; á súa calidade lingüística e literaria, cunha metaforización exacta, nun artigo de estrutura circular e con conexión con modalidades literarias tanto cultas como populares.

Marica Campo (O Incio, 1948). Exerceu de mestra en varios centros até a súa xubilación voluntaria no IES de Guitiriz, onde foi profesora de lingua galega. É autora de poesía, narrativa e teatro e colabora habitualmente no semanario A Nosa Terra e no diario El Progreso de Lugo. A súa obra tanto poética como narrativa recibiu diversos premios de grande importancia na literatura galega.

O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit sen dotación económica ao artigo «Por unha Galiza neofalante», do autor Marcos Abalde Covelo, que xa recibiu tamén un accésit na edición anterior do certame. O accésit concédeselle pola capacidade de empatía que o artigo ten co público lector xuvenil, no que se fai unha análise rigorosa, orixinal e certeira da situación sociolingüística achegando aspectos novidosos e propostas atractivas e optimistas. Por estas razóns, o xurado recomendarlles aos medios de comunicación colaboradores a publicación tamén destoutro artigo.

O xurado do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista carballesa, redactora da revista Tempos Novos; María Pilar García Negro, profesora de Filoloxía da Universidade da Coruña e gañadora da edición 2009 do certame; Xesús Fraga, xornalista de La Voz de Galicia, escritor e gañador da edición 2008 do certame; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto.

Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.

O xurado agradécelles a todos/as os/as autores/as a súa participación e sinala que «a lectura do conxunto dos artigos é unha radiografía da visión sociolingüística do país, onde se percibe unha auténtica dor social pola situación do idioma e polas medidas regresivas que se están comezando a dar desde o goberno galego», mais tamén sinala que «tamén se perciben ansias por traballar na defensa da lingua, así como propostas positivas e orixinais na procura de avances para o galego». O xurado recoméndalles tamén a todos os autores e autoras dos artigos non premiados que procuren publicalos para que así sexan difundidos.

Nas cinco edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga ou María Pilar García Negro.

Publicación do artigo gañador
O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores nas próximas semanas, en datas que se anunciarán proximamente.
Os medios de comunicación escrita que colaboran e que publicarán o artigo gañador son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, El Periódico de Bergantiños-Radio Líder, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego