04-06-2010VI Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. Creatividade para a lingua
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL e o Concello de Carballo, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta sexta edición leva por título "Creatividade para a lingua". O curso terá lugar en Carballo os días 14, 15 e 16 de xullo. O prazo de preinscrición remata o 23 de xuño
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DE AGARDA [.pdf]Obxectivos xerais-Reflexionar sobre a vinculación entre política lingüística e política cultural.
-Analizar os elementos de política lingüística que se teñen en conta nas accións culturais.
-Avaliar as accións relacionadas coa cultura que se utilizan nas políticas lingüísticas.
-Presentar accións para a normalización e a dinamización lingüísticas que teñan como obxectivo intervir nas actividades e nos espazos de lecer.
-Afondar na importancia da lingua para os espazos de lecer.
Lugar e datas14, 15 e 16 de xullo
Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Mapa en Google MapsDuración25 horas
Persoas destinatariasTodas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado; técnicos/as de normalización lingüística; técnicos/as de cultura; animadores/as socioculturais; asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).
No curso poden participar
un máximo de 60 persoas.
Custo da actividade30 euros para as persoas que pertenceren aos seguintes colectivos: comunidade universitaria, persoas desempregadas e s
ocios/as da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)
50 euros para
todas as demais persoas participantesO pagamento da actividade inclúe a entrega de toda a documentación que se utilice durante o curso, a asistencia ás actividades complementarias e o xantar dos dous días en que hai xornada completa.
InscriciónO prazo de
preinscrición está aberto até as 14.00 h do día
23 de xuño.
Debe facerse cubrindo o
formulario habilitado no web do SNL da UdC.
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DE AGARDA [.pdf]A relación de persoas admitidas publicarase posteriormente na páxina web do SNL. Poderán
formalizar definitivamente a matrícula tras pagaren a cantidade correspondente a través do formulario que se lles facilitará no SNL e na Oficina de Cursos e Congresos (Casa do Lagar, campus de Elviña) e tamén na páxina web www.udc.es/snl. O xustificante de pagamento deberá ser entregado no SNL até o día
8 de xullo. Este envío poderá realizarse a través do correo postal ou cunha copia electrónica ao enderezo deste servizo (snl@udc.es).
Para obter o certificado é obrigatorio asistir ao 90% das horas programadas.
Texto completo da convocatoria [.pdf]Formulario de preinscrición [.html]Organiza-Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade da Coruña
Colaboran-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Concello de Carballo
-Deputación da Coruña