CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1909 votos
Votar | | | |


07-06-2010

O que hai que facer, é facer. O mércores 9 de xuño preséntase GalegoLab

GalegoLab
Este mércores 9 de xuño en Santiago de Compostela terá lugar a presentación de GalegoLab, un colectivo para sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego, un laboratorio para crear e desenvolver accións positivas a prol da lingua, principalmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade


QUE É (OU SERÁ) GALEGOLAB?
Un colectivo –constituído baixo a forma xurídica de asociación cultural- que ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e afeccións en defensa do idioma galego, con tres especificidades: son accións (e non reflexións ou debates, manifestos ou chamamentos), sono en positivo e especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade. É unha iniciativa que non compite coas xa existentes en defensa do galego, senón que as complementa (e mesmo lle ofrece os seus servizos). Aínda que a súa creación está determinada en boa medida polas recentes decisións políticas que afectan ao idioma, o seu percorrido temporal vai máis aló da circunstancia actual, e pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do galego.

A súa reunión fundacional celebrouse o 11 de marzo no Club Financeiro Atlántico da Coruña.

PROXECTOS EN MARCHA
Ademais da súa propia constitución, GLab está a promover unha ferramenta informática, GALEGOLAB (a partir do mércores 9 de xuño accesíbel en www.galegolab.org), a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, que promova e coordine achegas de medios humanos, materiais e monetarios para levar adiante esas accións positivas propostas fundamentalmente polos usuarios de GALEGOLAB, ou ben pola propia GLab. Tanto a Asociación como a Rede Social están pensados para realizar actuacións propias como, sobre todo, colaborar en calquera actuación de persoas ou entidades dirixidas á promoción do galego.

As primeira accións que se propoñen -a realizar con medios propios ou mediante as achegas vehiculadas pola plataforma GalegoLab- son Galego de Ida e Volta, concertos na Coruña e Vigo de grupos que empreguen o galego con concerto e actividades paralelas en ambas as cidades, 24 horas full screen, un concurso de vídeos de 5’ que documenten a experiencia persoal de falar galego 24 horas diarias, e Galego Gym, unha edición de músicas de difusión libre pensadas para todo tipo de disciplinas ximnásticas.

FUNCIONAMENTO/FINANCIAMENTO
GalegoLab está formado por socios/as fundadores/as, que son, ademais das persoas asistentes á Asemblea Fundacional, as que dean o seu consentimento antes do acto de presentación, o 9 de xuño de 2010, ás 12.00 h no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, ou as que asistan ao acto e dean alí a súa conformidade.

As socias fundadoras farán unha derrama inicial (mínimo 30 € por cabeza) para financiar a ferramenta informática. A partir de aí, mensualmente a cota será de calquera cantidade a partir de 10 €. As socias fundadoras poderán formar parte dos comités que validen as propostas para GalegoLab.

Poderán irse incorporando socias que se comprometan ao pagamento dunha cota mensual de polo menos 10 € e unha cota voluntaria de inscrición, e colaboradoras que unicamente farán achegas económicas voluntarias. Anualmente celebrarase unha asemblea de socias.

En reunións presenciais mensuais validaranse as propostas propias ou de terceiros. Artellaráse un sistema de voto electrónico para as que non poidan asistir.

PRESENTACIÓN DE GALEGOLAB
DÍA: mércores 9 de xuño
HORA: 12.00 h
LUGAR: Hotel Virxe da Cerca. Santiago de Compostela

Socios/as fundadores/as iniciais de Galegolab

1. Carlos Ares
2. Belén Regueira
3. Xurxo Souto
4. Marcelino Fdez. Mallo
5. María Yáñez
6. Ana Luísa Bouza
7. Xosé Manuel Pereiro
8. Xoán Antón Pérez Lema
9. Antón Reixa
10. Iago Martínez
11. Darío Janeiro
12. Teresa Táboas
13. Xosé Bocixa
14. Paco Lodeiro
15. Antón Patiño
16. Sechu Sende
17. Antón Losada
18. Alfonso Pato
19. Isabel Romero
20. Manolo Antelo
21. Francisco Fdez. Naval
22. Antón Lezcano
23. Suso Iglesias
24. Menchu Lamas
25. Rafael Cuiña
26. Cani Martínez Paz
27. Santiago Torres
28. Henrique Monteagudo
29. Xosé Estévez
30. Santiago Jaureguizar
31. Afonso S. Regueiro
32. Belén Souto
33. Jerónimo Pérez
34. Aser Arraiano
35. Antón Xosé Díaz
36. Xoán Creus
37. Xosé Manuel Otero
38. David Peón
39. Mónica Ares
40. Lois Rodríguez
41. Isabel Risco
42. Manolo Barreiro
43. Xabier Puente Docampo

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego