CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7591 votos
Votar | | | |


25-06-2010

Seminario xurídico-lingüístico da Irmandade Xurídica Galega

Irmandade Xurídica Galega
No marco da súa III Asemblea Xeral, a Irmandade Xurídica Galega organiza un seminario para contribuír á formación teórica e práctica dos/as operadores/as xurídicos/as que desexen manexarse e desenvolver o seu traballo cotiá en galego. Terá lugar o venres 2 de xullo en Lugo


O obxectivo xeral deste Seminario da Irmandade Xurídica Galega é contribuír á formación teórica e práctica de todos/as os/as operadores/as xurídicos/as que desexen manexarse e desenvolver o seu traballo cotiá en lingua galega. Pretende ofrecer desde unha perspectiva multidisciplinar as características deste traballo, os fundamentos legais e as ferramentas técnicas existentes que os poden facilitar, a posta en común das experiencias xa existentes e afortalar os vínculos entre as persoas que xa os practican, todo con vistas a facer os esforzos individuais neste eido máis eficientes, co obxectivo último de visualizar plenamente a lingua galega na xustiza, desde todas as perspectivas.

PROGRAMA

19.00 h
O estatuto xurídico do galego na Administración de Xustiza
Luís Villares Naveira, xuíz de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada

19.20 h
O galego como lingua de traballo na avogacía. Un distintivo de calidade e proximidade
Xosé Manuel Fernández Varela. Secretario do Colexio de Avogados de Lugo

19.40 h
A tramitación dos procedementos xudiciais na Administración de Xustiza. A administración sen lingua
Tareixa Dopico Pita. Funcionaria do Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Lugo

20.00 h
Os recursos informáticos e administrativos para o uso do galego na Administración de Xustiza. Realidade ou ficción?
Flora Carpente Leira e Alexandre Alonso Alonso. Servizo de Tradución da Audiencia Provincial de Lugo

20.20 h
Mesa redonda

21.00
Clausura do Seminario

Tríptico (en .pdf) coa información completa >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego