CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8698 votos
Votar | | | |


13-07-2010

A importancia da creatividade para a lingua e a relación coa política cultural centran o VI Curso de verán de dinamización lingüística

A importancia da creatividade para a lingua e a relación coa política cultural centran o VI Curso de verán de dinamización lingüística
O Pazo da Cultura de Carballo acolle a VI edición do Curso de verán sobre dinamización lingüística que organiza a Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL, e que ten lugar os días 14, 15 e 16 de xullo. A edición deste ano céntrase na creatividade para a lingua, e analiza a relación entre a política cultural, o lecer e a política lingüística


A Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, organizan a sexta edición do curso de verán sobre dinamización lingüística, que ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo os días 14, 15 e 16 de xullo e que se centra na análise e debate da promoción social da lingua nos espazos de lecer e nas accións culturais.

No curso participan 70 persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística, tanto en entidades públicas como no ensino ou en entidades privadas.

Os obxectivos desta edición son reflexionar sobre a vinculación entre política lingüística e política cultural, analizar os elementos de política lingüística que se teñen en conta nas accións culturais, avaliar as accións relacionadas coa cultura que se utilizan nas políticas lingüísticas e presentar accións para a normalización e a dinamización lingüísticas que teñan como obxectivo intervir nas actividades e nos espazos de lecer. Para isto combinaranse sesións teóricas e prácticas, formativas, de análise e de traballo conxuntos con inclusión de relatorios, grupos de traballo, presentacións de experiencias, obradoiros e mesas de debate.

Na inauguración do curso, que ten lugar o mércores 14 ás 10.30 h, participarán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o deputado responsábel de normalización lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Sande; a directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, Goretti Sanmartín; e o presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística, Nel Vidal.

Relatorios, obradoiros e grupos de traballo para avaliar, analizar e propor accións de intervención lingüística na cultura e nos espazos de lecer

O programa do curso comeza cun relatorio de Daniel Romero, asesor cultural e dinamizador lingüístico, no que analizará as accións culturais e de lecer na política lingüística. A continuación, o xestor cultural e asesor Xavier Campos, analizará a política lingüística na acción cultural e de lecer. Pola tarde, o dinamizador e sociolingüista Séchu Sende desenvolverá un obradoiro lúdico-creativo de ecoloxía e lingua, e a directora do Diario Cultural da Radio Galega, Ana Romaní, falará sobre a experiencia do teatro radiofónico. Para pechar a primeira xornada, as poetas Lucía Aldao e María Lado presentarán novas canles para a manifestación literaria.

O segundo día de curso, o xoves 15, comezará cunha táboa redonda sobre lingua, lecer e manifestacións culturais, na que participará a xornalista María Yáñez, a cantante María Xosé Silvar e a poeta Lucía Aldao. A continuación haberá grupos de traballo para analizar o falado na mesa redonda. Pola tarde haberá outra mesa sobre lingua, lecer e diversidade, na que intervirán o poeta, músico e profesor Leonardo Fernández Campos (O’Leo); a técnica de normalización lingüística de Vigo, Marta Souto; a animadora á lectura da Coruña, Dores Tembrás; e o profesor Santiago Prado.

Ese xoves 15 pola noite (ás 22.00 h) terá lugar un concerto de Sés, unha banda festeira de dez músicos con ventos e coros, cun feixe de temas orixinais e unha vocalista (María Xosé Silvar) que canaliza toda a enerxía do escenario, que vai desde os coros africanos até os ritmos ska, do blues á pachanga, da Habana a Budapest... O concerto será no auditorio do Pazo da Cultura e a entrada é libre para todas as persoas que queiran asistir.

O último día do curso, o venres 16, haberá unha táboa redonda sobre lingua e axentes, na que participarán Luís Bará (profesor de galego, ex concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e ex director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta), Alberto García (xestor cultural), Paco Veiga (da Asociación Galega do Xogo Popular) e Henrique Martínez (da Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela).

Da conferencia de clausura encargarase o secretario xeral da Universidade da Coruña e catedrático de dereito administrativo, Carlos Amoedo, que falará sobre “A comprensión xurídica da lingua como ben cultural”.

Programa completo do VI Curso de verán sobre dinamización lingüística (.pdf) >


Ligazóns relacionadas


Programa do VI Curso de verán sobre dinamización lingüística

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego