19-07-2010Convocatoria do VII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

O SNL da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a SXPL, convoca o VII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego. O prazo de presentación remata o 15 de novembro
OBXECTIVOS-Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística
-Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
-Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas
MODALIDADESA) Deseño dunha acción normalizadora
B) Premio a unha idea para a promoción do galego
PREMIOSModalidade A: 3.000 euros
Modalidade B: 1.500 euros
PARTICIPANTESPoderán participar os membros da comunidade universitaria das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, ben individualmente, ben en grupo
PRAZO DE PRESENTACIÓNO prazo para a presentación de solicitudes será até as 14.00 h do día
15 de novembro de 2010
Bases e información completa do premio >