CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9224 votos
Votar | | | |


15-09-2010

PROXECTA. Mostra de servizos e produtos para a normalización lingüísta

23 e 24 de setembro. Facultade de CC. da Comunicación. Santiago de Compostela

PROXECTA. Mostra de servizos e produtos para a normalización lingüísta
Todas as persoas interesadas poden coñecer de primeira man o traballo, as propostas, os servizos e/ou os produtos de entidades que traballan pola lingua en Galiza. O xoves 23 e o venres 24 de setembro, con entrada libre, na Facultade de Ciencias de Comunicación de Santiago de Compostela terá lugar PROXECTA


QUE VOU ATOPAR ALÍ?
Diferentes stands con información de primeira man de asociacións e plataformas para a normalización lingüística, servizos que ofrecen e produtos que crean e distribúen diversas empresas galegas vinculadas ao proceso de promoción da lingua galega, información de entidades implicadas na promoción lingüística, información, materiais e campañas de distintos servizos de normalización lingüística, etc.

QUE ENTIDADES ESTARÁN?
  • A Mesa pola Normalización Lingüística

  • Algueirada. Acción cultural na rede

  • Asociación de Medios Escritos en Galego

  • Consello da Cultura Galega

  • Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística

  • Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

  • Diversos servizos de normalización lingüística (SNL) de diferentes entidades

  • Eu falo.tv

  • Foro Enrique Peinador

  • GalegoLab

  • Libraría Pedreira (selección de libros sobre política lingüística)

  • Punto.Gal

  • Queremos Galego

  • Reverso / 2.0 Editora

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Tagen Ata. Lingua e Comunicación

  • Toupa.net. Cultura para levar

E EU, PODO IR A PROXECTA?
Si, claro! A mostra está dirixida a todas as persoas interesadas. A entrada é libre e de balde, e os postos estarán abertos tanto polas mañás como polas tardes

E, PARA QUE É?
PROXECTA quere ser unha mostra aberta ao público das entidades que producen, xestionan, promocionan e/ou ofrecen servizos e/ou produtos relacionados coa normalización da lingua galega e que llelos queren achegar a todas as persoas e entidades vinculadas a este ámbito.

PROXECTA pretende darlles visibilidade ás distintas entidades que traballan en e para a normalización lingüística, en diferentes ámbitos e con diferentes ofertas, nun espazo onde as empresas e asociacións poden achegar, presentar, amosar, promocionar e difundir as súas propostas.

A mostra PROXECTA enmárcase nos XII Encontros para a normalización lingüística, punto de encontro, análise e debate e cita de referencia anual para as persoas que traballan no ámbito da promoción do uso e prestixio da lingua galega.

ORGANIZA
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

COLABORA
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL)

PATROCINA
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta

Folleto de PROXECTA en .pdf >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego