CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9498 votos
Votar | | | |


19-10-2010

Representantes de 40 concellos da Coruña reúnense en Carballo para avanzar na promoción do galego

IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

IV Encontro de PL desde as adm. locais
Arredor de 60 persoas en representación duns 40 concellos da provincia da Coruña, reúnense mañá, mércores 20 de outubro, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo para participar no IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais, unha xuntanza que está promovida pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e organizada pola CTNL


As tres edicións anteriores deste encontro celebráronse no Pazo de Mariñán, en Bergondo, mais a partir deste ano irá tendo lugar cada edición nunha comarca distinta da provincia. Así, este cuarta edición ten lugar en Bergantiños-Soneira, e por iso colaboran coa Deputación e coa CTNL todos os concellos da comarca que contan con servizo de normalización lingüística, que son Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas. Tamén colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.


Un programa con debate político, propostas de colaboración e mesas de traballo para planificar accións de promoción lingüística

A inauguración terá lugar ás 10.00 horas e nela participará o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o deputado responsábel da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande e o presidente da CTNL, Nel Vidal.

A partir das 10.30 h os alcaldes de Ponteceso, Malpica de Bergantiños e Zas, o popular José Luís Fondo Aguiar, o socialista José Ramón Varela Rey e o nacionalista Manuel Muíño Espasandín, debaterán sobre a normalización lingüística no ámbito comarcal. Este debate estará conducido e moderado pola xornalista Comba Campoy.

A continuación, ás 12.30 h, e logo dunha pausa, técnicos/as de normalización lingüística dos concellos de Bergantiños e Soneira presentarán actividades que desenvolverán conxuntamente nos próximos meses para a promoción do galego os concellos de Carballo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas.

Para rematar a mañá, ás 13.15 h, desenvolverase unha mesa de traballo sobre a procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociacións desde os concellos. Nesta participarán Pepe Blanco Alborés, que falará sobre a experiencia de implicación de asociacións no Concello de Zas; Luís Bará Torres, que falará sobre a xestación da Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) no Concello de Pontevedra; e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que falará sobre “Abertos ao galego”, un proxecto de promoción de empresas que traballan en galego.

Xa pola tarde, ás 16.30 h, terá lugar un encontro sobre o papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención. Este encontro estará guiado polas profesoras Luísa V. Segade, do IES Agra de Leborís, da Laracha, e Mercedes Queixas, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, ambas pertencentes á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

A xornada rematará cun resumo e conclusións ben especiais e retranqueiras, feitas a modo de disputa regueifeira humorística por Luís O’Caruncho e Bieito Lobariñas.


Encontro para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística

Os obxectivos deste encontro de política lingüística desde os concellos da Coruña son pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística; debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais en normalización social do uso do galego; dar a coñecer propostas de acción e coordinación para a promoción social da lingua galega e deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións.

Programa completo do IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego