CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7528 votos
Votar | | | |


27-10-2010

Equipos de normalización do ensino e SNL do Concello de Pontevedra desenvolven diversas actividades de fomento da lingua

A lingua latexa - SNL do Concello de Pontevedra
A exposición O galego, tamén noutros mundos chega ao IES Sánchez Cantón. O CEIP Vidal Portela participa en A Natureza á Arte na Illa. Illarte na Natureza e o CEIP Álvarez Limeses estrea a actividade Como lles chamas ás cousas?, para dinamizar o uso da lingua galega entre os escolares de Pontevedra


O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Pontevedra e diversos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (SNL) de centros de ensino da cidade desenvolven diversas actividades en colaboración durante estes meses.

A exposición O galego, tamén noutros mundos chega ao IES Sánchez Cantón

A itinerancia desta exposición en Pontevedra está organizada polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos ENDL dos centros de ensino secundario e bacharelato do concello.

O galego, tamén noutros mundos quere amosar a dimensión aberta e internacional da nosa lingua. Para isto, repasa diversas realidades que exemplifican e evidencian a presenza e relación internacional da nosa lingua e, ao tempo, a súa validez, utilidade e dinamismo como ferramenta de comunicación e como marca de calidade, ligada a unha identidade propia e diferenciada –a galega- que se quere manter como tal no mundo globalizado.

O CEIP Álvarez Limeses estrea mañá a actividade Como lles chamas ás cousas?, para dinamizar o uso da lingua galega entre os escolares de Pontevedra a través dos medios de comunicación

Entre os obxectivos desta actividade destacan:
- Dinamizar a comunicación en galego dentro e fóra do centro educativo, especialmente nas familias.
- Incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego.
- Facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua na infancia e na preadolescencia.
- Promover o gusto por descubrir a nosa cultura desde a lingua galega.
- Acadar gusto pola investigación e polo traballo en equipo
- Achegarse á radio como un medio de comunicación próximo, directo e eficaz
- Aproximarse ao traballo dos profesionais dos medios de comunicación
- Asociar o uso activo da lingua galega a espazos de prestixio

Esta actividade está dirixida ao profesorado e alumnado de infantil, primaria e primeiro ciclo de secundaria, xa que os contidos da actividade permiten a adaptación aos distintos niveis educativos. A proposta que a Concellaría de Normalización Lingüística lles fixo chegar aos centros de ensino consiste en traballar contidos arredor do patrimonio inmaterial ou relacionados con calquera área de coñecemento que entren dentro das súas programacións, sempre que sirvan para activar o uso oral da lingua galega no alumnado; deste xeito, poderán traballar toponimia, lendas, contos de tradición oral, escrita ou creados dentro da actividade, entrevistas, vocabulario, coñecemento do medio natural, da historia da cidade ou calquera outro aspecto. Despois, este traballo gravarase, coa colaboración de Onda Cero Pontevedra, e emitirase nun espazo diario polas mañás.

O CEIP Vidal Portela participa mañá en A Natureza á Arte na Illa. Illarte na Natureza

Estes obradoiros son actividades divulgativas sobre valores naturais e culturais no contorno da illa do Covo - Illa das Esculturas, que a Concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha para promover o uso do galego entre os escolares do concello.

Os obradoiros teñen como obxectivos:
- Dinamizar o uso do galego entre a xente nova a través de novos espazos de uso.
- Incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego.
- Facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua.
- Promover as relacións en galego entre o alumnado fóra do ámbito escolar.
- Valorar a lingua galega como un ben propio da nosa cultura.
- Divulgar os valores ambientais e artísticos do contorno da Illa do Covo - Illa das Esculturas.
- Reflexionar sobre a responsabilidade individual e colectiva no tocante á conservación dos espazos públicos.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego