21-01-2011Concursos de Galeoke, vídeo, manifesto, banda deseñada... en marcha o Correlingua 2011

O Correlingua 2011 incorpora importantes novidades para dinamizar o galego nos centros de ensino ao longo do ano. Así, están abertos xa concursos de vídeo sobre lingua, de karaoke mediante as cancións do Galeoke, de elaboración do manifesto do Correlingua e de banda deseñada. Tamén o Cantalingua, dirixido a grupos musicais
Concurso de vídeoEu falo galego porque... Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados na páxina web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, twiter...). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.
-Prazo de presentación: até o
1 de abrilBases completas do concurso de vídeo (.pdf) >Concurso de GaleokeO Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke! Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino, e seguro que farán un Correlingua ben máis divertido!
O concurso contará con dúas fases.
Na primeira, no centro de ensino, escollerase a/o que mellor puntuación obteña.
Na segunda, de entre todos os centros dunha zona, os cinco primeiros participarán nunha final na festa do Correlingua!
A inscrición dos centros de ensino pode facerse aquí >Concurso para o manifestoA partir do lema "Somos galego", o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2011.
-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
-Prazo de
inscrición: até o
1 de febreiro-Prazo de
envío de traballos: até o
15 de febreiroBases completas do concurso de manifesto (.pdf) >Concurso de banda deseñadaOs/as alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema "Somos galego".
-Prazo de
inscrición: até o
1 de febreiro-Prazo de
envío de traballos: até o
15 de febreiro-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
Bases completas do concurso de banda deseñada (.pdf) >CantalinguaConcurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego.
-Prazo: até o 10 de abril
-Premio: 14 concertos, pagados a 700 euros cada un
Info completa en
http://www.komunikando.net/cantalingua/Información completa sobre o Correlingua en
www.correlingua.org