31-01-2011Nace galeguizargalicia.tv
Os colectivos que forman parte de galeguizargalicia.com acaban de pór en marcha a canle galeguizargalicia.tv, a través da que difunden os vídeos das súas actividades a prol da lingua
O Foro Enrique Peinador, a Asociación Álvaro das Casas, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, a Fundación Lois Peña Novo, a Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, puxeron en marcha a canle
www.galeguizargalicia.tv.
Segundo anuncian no seu web, a través de galeguizargalicia.tv pretenden "darlle maior proxección a todas as iniciativas que se programen en tempo real. A nova canle de televisión retransmitirá en directo os actos públicos programados, así como aqueles outros con formato, tales como mesas redondas, reportaxes e mensaxes publicitarias".
Agora xa teñen dispoñíbeis vídeos de, por exemplo, asembleas da Irmandade Xurídica Galega, o 85º Aniversario do Congreso de Economía de Galicia de 1925, actos de sinaturas de convenios para a galeguización de empresas, etc.