CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12925 votos
Votar | | | |


10-02-2011

O amor, a Candeloria, San Valentín..., e a lingua

O amor, o galego, a Candeloria e San Valentín
O 2 de febreiro, día da Candeloria, é o día no que casan os paxariños, polo tanto, o día do amor. E o 14 de febreiro está considerado tamén o día dos/as namorados/as. E así, entre unha data e outra, hai diversas iniciativas coas que se procura promocionar o galego no amor e nas relacións de parella


Cartas de amor en Fene, Rianxo e moitos outros institutos
Radiofusión e o Concello de Fene convocaron a XII Edición do Certame de cartas de amor en galego. A convocatoria, como todos os anos, fíxose o 2 de febreiro, día da Candeloria, e a carta gañadora coñecerase o 14, Día dos/as namorados/as. O premio, unha cea para dúas persoas.
Tamén no IES Félix Muriel de Rianxo, entre moitos outros centros de ensino, convocan concursos de cartas de amor entre o alumnado (e tamén profesorado ;-).

O amor tamén se pode declarar por SMS
O alumnado de secundaria do CPI San Vicente da Baña, con motivo do día dos namorados, está creando SMS amorosos para participar na actividade Declárate cun SMS amoroso, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña. Será o mesmo alumnado o que seleccionará os tres mellores. Os/as que resulten agraciados/as recibirán cadanseu bolígrafo para que non deixen de declararse durante o resto do ano.
Tamén no CPI As Revoltas, de Cabana de Bergantiños, fan un concurso de SMS de amor... E seguro que noutros moitos centros!

Bicada polo galego, en Compostela
A Mesa fai un chamamento a manifestar o amor polo galego o Día dos Namorados, e faino convocando unha bicada lúdico-reivindicativa na defensa do noso idioma o luns 14 de febreiro ás 17.00 h na Praza do Toural de Santiago de Compostela.

Declárate con libros
A través das bibliotecas escolares, en moitas ocasións coa colaboración dos ENDL, desenvólvense tamén unha chea de actividades... Compilamos aquí algunhas:
-CPI O Progreso (Catoira): O amor en 10 palabras
-IES Rafael Dieste (A Coruña): O corazón partido (selección poética e xogo de busca)
-IES O Mosteirón (Sada): Certame Amor? Amor!... en 100 palabras
-CEIP Andrade (Pontedeume): Lecturas con corazón
-CPI San Vicente (A Baña): Declaracións de amor con humor - I mostra de debuxo: E ti, a quen queres máis?
-IES de Fene (Fene): LECTURAS CON AMOR
-IES de Poio (Poio): selección poética, MIL E UN POEMAS DE AMOR
-IES Poeta Añón (Outes): Cada ovella coa súa parella (amor e cómic)

Outras iniciativas
Ademais destas, desenvólvense de maneira puntual outras accións que relacionan amor e lingua. Por exemplo, os SNL dos concellos de Zas e Carballo, en colaboración coa Mesa, distribúen entre todo o alumnado de secundaria e bacharelato adhesivos co lema “Goza coa túa lingua. Fala galego”.

Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar


E a Coordinadora de Equipos de Normalización do Barbanza deseñou un cartel e adhesivos para celebrar o día da Candeloria, con eses versos de Faltriqueira.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego