CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


8787 votos
Votar | | | |


23-02-2011

Pelos na lingua. Os prexuízos e o debate lingüístico visto desde o teatro e con humor

Pelos na lingua
Ante a situación conflitiva do idioma, e despois da exitosa Bicos con lingua, Talía Teatro volve intervir no debate sociolingüístico cunha nova proposta escénica, Pelos na lingua, na que se convida á reflexión a través de dez sketchs cheos de humor e ironía


A partir de textos de Séchu Sende, María Ordóñez, Avelino González e Artur Trillo, a compañía Talía Teatro desenvolve un espectáculo áxil, dinámico e fresco no que a gran protagonista é a lingua galega, e os usos e abusos que sofre.

A obra pretende deixar ao descuberto os prexuízos lingüísticos a través da representación de diferentes situacións cotiás, facilmente recoñecíbeis por calquera, e faino mesturando xéneros que van desde “o drama costumista”, o “thriller de Tarantino”, as “varietés” ou “a estrita comedia”, segundo sinalou o seu director, Avelino González.

Despois de que Bicos con lingua superase as 200 representacións, Talía quixo facer novamente ao galego protagonista dun espectáculo escénico, e faino cos dous mesmos actores, Artur Trillo e Toño Casais, mais sumándolle unha actriz, María Ordóñez, e contando co mesmo director, Avelino González.

UNHA OBRA PARA QUE TOD@S REFLEXIONEN SOBRE A LINGUA

Segundo a propia compañía explica, “Pelos na lingua vai destinada a todo o mundo: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non falan porque non saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros..., a todos e todas.”

O público destinatario da obra son todas as persoas maiores de 13 anos.

Descarga o dossier completa de Pelos na lingua (.pdf) >

ESTREA E COMEZO DO PERCORRIDO POLO PAÍS

Pelos na lingua represéntase, como preestrea, o xoves 24 e o venres 25 pola mañá para as rapazas e os rapaces dos institutos de Carballo. A estrea oficial aberta ao público xeral será o propio venres 25, ás 21.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo.

A partir de aí comeza o seu percorrido polo país, con algunha datas xa confirmadas:
>25 de febreiro en Carballo
>19 de marzo en Cee
>5 de abril na Coruña (Forum)
>7 de abril en Ribadeo
>15 de abril na Laracha
>1 de maio na Rúa
>5 de maio na Coruña (Colón)
>6 de maio en Arteixo
>13 de maio en Culleredo e Oleiros
>14 de maio en Oleiros
>19 de maio en Milladoiro, Ames
>21 de maio en Narón
>22 de maio en Ourense
>3 de xuño en Vigo
>11 de xuño en Sanxenxo


Ligazóns relacionadas


Dossier de Pelos na lingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego