CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7808 votos
Votar | | | |


04-03-2011

Atopando Compostela. Xogo educativo sobre a toponimia da capital galega

Presentación de Atopando Compostela
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela presentou “Atopando Compostela”, un xogo educativo sobre a toponimia da capital galega dirixido á educación secundaria co afán de que a rapazada se familiarice cos nomes propios dos lugares do municipio


O Departamento de Lingua Galega do municipio santiagués cre que o estudo dos nomes de lugar é unha parte importante do noso acervo cultural. Por iso é importante impulsar os traballos dedicados á súa conservación, divulgación e investigación. Neste cometido xogan un papel fundamental os profesionais do ensino, que poden fomentar o xogo como un modo lúdico e pedagóxico para que os rapaces e as rapazas sexan conscientes da toponimia e da onomástica persoal e isto, pola súa vez, redunde na elaboración de traballos útiles que axuden a preservar a nosa riqueza cultural.

Con estes obxectivos presentouse o proxecto denominado Atopando Compostela. Trátase dun xogo sobre a toponimia do Concello de Santiago, recomendado para maiores de 12 anos. Neste, os e as participantes veranse inmersos/as nunha andaina, lúdica e educativa, grazas á que se achegarán ao territorio e aos nomes dos seus lugares.

Movéndose por un taboleiro no que se representa a rosa dos ventos, formúlanse preguntas dalgunha das seis temáticas tratadas: medio, animais, plantas, xente, outros e probas. Por cada resposta atinada polos grupos xogadores, recibirán unha peza dun quebracabezas co mapa do Concello. O grupo que primeiro consiga todas as pezas e as encaixe acertadamente, será o que acade o obxectivo do xogo.

Atopando Compostela ofrece unha segunda modalidade, onde participan como mínimo dúas persoas, sen taboleiro e sen crebacabezas. Consiste en ir atinando preguntas, continuando até errar na resposta, gañando o que máis acerte. Ademais, hai dispoñíbel unha unidade didáctica no enderezo web do Departamento de Lingua Galega, destinada principalmente ao profesorado de educación secundaria.

Instrucións do xogo Atopando Compostela (.pdf)>

Promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística, o xogo foi creado pola empresa Etnoga Patrimonio Cultural, e contou coa colaboración de catro especialistas da Asociación Galega de Onomástica: Xosé Ramón L. Boullón, Xulia Marqués, Luz Méndez e Gonzalo Navaza.


Ligazóns relacionadas


Atopando Compostela - Instrucións

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego