CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2122 votos
Votar | | | |


04-03-2011

VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino

VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, dirixido aos membros e coordinadores/as dos equipos de dinamización lingüística, que se celebrará entre o 28 de marzo e o 8 de abril nas sete cidades galegas. O prazo de inscrición remata o 14 de marzo


A ensinanza e aprendizaxe das habilidades lingüísticas e uso oral son as protagonistas do VI Seminario de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o intercambio e a posta en común de experiencias normalizadoras no ámbito do ensino primario e secundario.

DATAS
-En Ourense, Santiago, Ferrol e Pontevedra, entre o 28 de marzo e o 1 de abril.
-Na Coruña, Lugo e Vigo, entre o 4 e o 8 de abril.

INSCRICIÓN
O período de inscrición para matricularse está aberto até o 14 de marzo e o número de prazas que se oferta é de 40 por cidade.
Pode facerse aquí >

Segundo a SXPL, "o VI Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino ten un dobre obxectivo. Por unha banda, contribuír a ampliar a formación dos membros e coordinadores e coordinadoras dos equipos de dinamización da lingua galega, a través de estratexias que canalicen o desenvolvemento funcional da lingua oral en todos os seus rexistros. Para isto, a sexta edición dos seminarios conta cunha parte formativa destinada a fornecer os docentes de estratexias e recursos que os axuden a traballar as habilidades orais e cun espazo divulgativo no que se mostran prácticas escolares que impulsan e fomentan a oralidade en ámbitos diferentes: en actividades complementarias e extraexcolares, na relación entre mozos e maiores e na educación infantil".

Información e programas completos >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego