30-03-2011Ops! Para que o estudantado vexa as vantaxes competitivas do galego
Ops! é o que exclamamos cando nos decatamos de algo que xa sabiamos, mais que non lembrabamos ou no que non caiamos. E, con ese nome, é co que, desde a Agal, están a desenvolver obradoiros nos centros de ensino para amosar que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués e unha vantaxe competitiva
Cunha metodoloxía práctica e de interacción cos rapaces e as rapazas, a Associaçom Galega da Língua (
Agal) desenvolve nos institutos
Ops! O portugués simples, un orixinal obradoiro de 100 minutos de duración para amosarlle ao alumnado que o galego é unha vantaxe competitiva e unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués.
PARA QUEN?Esta actividade está idealizada para alumnos e alumnas a partir dos 12 anos (ciclo superior de educación primaria, ESO, bacharelato, FP, ensino de adultos/as...), aínda que tamén está en fase de preparación unha adaptación para os ciclos inicial e medio de educación primaria).
POR QUE?A AGAL desenvolve este obradoiro para intentar fortalecer algunhas ideas positivas para o galego, porque a maioría dos nosos estudantes, cando finalizan o sistema educativo, descoñecen que o portugués pode formar parte do seu currículo; para pór en valor a lingua de Galiza, facendo ver a súa potencialidade; porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países; porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor; etc.
QUEN?Ops! conta cun equipo coordinado por Valentim R. Fagim, e formado por Eugénio Outeiro, Antia Cortiças, Noemi Pinheira, Kike Martins e Breogám Vila.
A información completa pode consultarse no
blog do proxecto >