CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9708 votos
Votar | | | |


30-03-2011

Ops! Para que o estudantado vexa as vantaxes competitivas do galego

Ops!
Ops! é o que exclamamos cando nos decatamos de algo que xa sabiamos, mais que non lembrabamos ou no que non caiamos. E, con ese nome, é co que, desde a Agal, están a desenvolver obradoiros nos centros de ensino para amosar que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués e unha vantaxe competitiva


Cunha metodoloxía práctica e de interacción cos rapaces e as rapazas, a Associaçom Galega da Língua (Agal) desenvolve nos institutos Ops! O portugués simples, un orixinal obradoiro de 100 minutos de duración para amosarlle ao alumnado que o galego é unha vantaxe competitiva e unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués.

PARA QUEN?
Esta actividade está idealizada para alumnos e alumnas a partir dos 12 anos (ciclo superior de educación primaria, ESO, bacharelato, FP, ensino de adultos/as...), aínda que tamén está en fase de preparación unha adaptación para os ciclos inicial e medio de educación primaria).

POR QUE?
A AGAL desenvolve este obradoiro para intentar fortalecer algunhas ideas positivas para o galego, porque a maioría dos nosos estudantes, cando finalizan o sistema educativo, descoñecen que o portugués pode formar parte do seu currículo; para pór en valor a lingua de Galiza, facendo ver a súa potencialidade; porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países; porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor; etc.

QUEN?
Ops! conta cun equipo coordinado por Valentim R. Fagim, e formado por Eugénio Outeiro, Antia Cortiças, Noemi Pinheira, Kike Martins e Breogám Vila.


A información completa pode consultarse no blog do proxecto >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego