CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9054 votos
Votar | | | |


27-06-2011

Publicada a orde que actualiza a regulación dos cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas

Publicada a orde que actualiza a regulación dos cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) vén de facer pública a nova orde pola que se regulan os cursos de linguaxes administrativa e xurídica galegas. Esta orde, que ten como obxectivo actualizar a do 1 de abril de 2005, é a primeira que se elabora especificamente para estes cursos e incorpora importantes cambios cualitativos


En primeiro lugar, a Orde do 13 de xuño de 2011, publicada o 24 de xuño no Diario Oficial de Galicia, delimita os currículos de cada curso. Deste xeito, a SXPL procura estabelecer con claridade os contidos de cada un dos distintos niveis para facilitar o labor do profesorado á hora de impartir os cursos e tamén a aprendizaxe por parte do alumnado.

En segundo lugar, redefínense as linguaxes específicas, que se clasifican en linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega. Deste xeito, a linguaxe sanitaria prevista na anterior orde pasa a incluírse na linguaxe administrativa.

Unificar o sistema de avaliación dos cursos
En terceiro lugar, a nova orde fixa os requirimentos que deben ter todos os cursos de linguaxes específicas en canto a contidos, duración e obrigas dos/as docentes, tanto os organizados polos organismos competentes da Administración, como por aqueloutros que conten coa homologación da SXPL. Nesta mesma dirección, inclúese un novo artigo no que se fixa o sistema de avaliación que se debe seguir en todos os cursos. Para isto, estabelécese o número de traballos que debe facer o alumnado e mais a proba final obrigatoria, tanto para os cursos presenciais como para os cursos en liña. Isto permite homoxeneizar o proceso de impartición e de avaliación dos cursos, independentemente do profesor ou titor, do lugar en que se desenvolvan e do colectivo que os organice.

En cuarto lugar, os requirimentos necesarios para acceder aos distintos niveis dos cursos tamén quedan fixados nesta nova orde, tanto para os niveis medios de linguaxe administrativa e xurídica como para os niveis superiores. Neste campo, destaca como novidade a inclusión do Celga 4 como un dos requirimentos para acceder aos niveis medios dos cursos.

Equivalencias e validacións
Finalmente, cómpre indicar que a orde incorpora un novo artigo no que se recollen todas as posibles equivalencias e validacións das linguaxes específicas. Con isto, preténdense preservar os posíbeis dereitos adquiridos derivados das distintas ordes de equivalencias que se foron superpoñendo nos últimos anos entre cursos e probas de linguaxes específicas. En consecuencia, facilítase o labor á hora de valorar estes cursos nos procesos de concursos de méritos dentro da Administración.

Reforzar a capacitación lingüística en galego
Os cursos de linguaxe administrativa galega están dirixidos aos cadros de persoal da Administración autonómica, da Administración local, do Parlamento de Galicia, da Administración periférica do estado na Comunidade Autónoma de Galicia e doutros servizos documentais e de xestión (colexios profesionais, xestorías, cámaras de comercio, asociacións empresariais e sindicais…), así como a aquel persoal que se estabeleza nas correspondentes convocatorias dos cursos. Mentres, os cursos de linguaxe xurídica galega están dirixidos aos cadros de persoal da Administración nas súas áreas de xustiza, notarías e outros servizos e áreas de xestión (colexios de avogados, xestorías…).

A finalidade destes cursos é darlles formación específica aos traballadores e ás traballadoras destes ámbitos na súa lingua de especialidade. Isto implica unha formación en aspectos gramaticais e léxicos específicos e en aspectos de redacción e estilo a partir do traballo cos documentos administrativos propios de cada nivel.

Con esta formación específica en galego, a SXPL busca actualizar e formar o persoal para que incremente a competencia técnica nesta lingua, e garantir a utilización dun galego de calidade e dunha linguaxe clara cos administrados.

Orde do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego