CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


10866 votos
Votar | | | |


30-08-2011

A SXPL négase a dar información sobre as subvencións para a promoción da lingua desde os concellos

CTNL
O día 11 de setembro cumpriranse 6 meses da publicación da orde de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega e, se non as resolven antes, as solicitudes desestimaranse por silencio administrativo. A pesar de que desde a CTNL se lle solicitou repetidamente información sobre a resolución desta convocatoria á SXPL, esta nin sequera contestou


Cumpriranse o 11 de setembro 6 meses desde que o DOG publicou a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, na que, segundo se sinala no seu artigo 14 «De non notificarse resolución no prazo de seis meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo».

Desde a CTNL denunciamos en anos anteriores a ineficacia desta convocatoria debido á tardanza na resolución, mais até agora nunca se tardou tanto como este ano nin se lle negara información a esta entidade que aglutina aos/ás traballadores/as de normalización lingüística, polo que non podemos deixar de sospeitar que a Xunta de Galicia quere facer desaparecer estas axudas vía silencio administrativo.

Desde a CTNL levamos meses solicitando información, mais a SXPL nin sequera se dignou a contestar as nosas solicitudes. Tamén o intentamos mediante a central de información de Xunta, que só nos remite á SXPL.

Da CTNL enviamos peticións de información á SXPL o 4 de xullo, o 12 de xullo, o 19 de xullo e o 11 de agosto, e ningunha desas peticións foi nin sequera contestada. Posteriormente, o día 16 de agosto, enviamos a mesma solicitude de información á central de información da Xunta de Galicia, desde a que si nos contestaron, mais só para dicirnos que a información solicitada lla debemos demandar á Secretaría Xeral de Política Lingüística...

Desde a CTNL solicitámoslle á SXPL que resolva esta convocatoria de subvención canto antes.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego