CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8484 votos
Votar | | | |


26-10-2011

Nace a Irmandade da Sanidade Galega para impulsar a lingua

Irmandade da Sanidade Galega
No círculo de entidades de Galeguizar Galicia crean unha nova asociación, neste caso para impulsar o "humanismo e a normalización" na sanidade galega. O acto de constitución terá lugar na Estrada o 29 de outubro


O clúster de asociacións Galeguizar Galicia crea unha nova entidade, a Irmandade da Sanidade Galega, que se suma así ao Foro Enrique Peinador, á Asociación Álvaro das Casas, á Asociación de Amigos do Couto Mixto, á Fundación Lois Peña Novo, á Irmandade Xurídica Galega e á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Segundo informan no web de Galeguizar Galicia, "Esta nova entidade, que terá ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, vai estar integrada por persoal da sanidade pública e privada (médicos, boticarios, veterinarios, enfermería...) e profesionais da docencia nas ciencias médicas, ten dous obxectivos: o impulso do humanismo e a normalización da lingua galega neste ámbito, e buscará a súa extensión territorial realizando actos por Galicia enteira, fomentando tamén a figura de médicos senlleiros e humanistas que entenderon a medicina como unha ciencia sempre asociada á idiosincrasia do noso pobo."

O acto de constitución terá lugar o sábado 29 de outubro na Estrada, e consistirá na "imposición de becas aos 35 primeiros membros -todos eles destacados profesionais-, e a lección inaugural a cargo do psiquiatra e Dr. Emilio González".

Tamén haberá unha homenaxe a Manuel Reimondez Portela, cunha conferencia de Valentín García Gómez.

+info en Galeguizargalicia.com >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego