CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


4788 votos
Votar | | | |


31-10-2011

A Fegamp critica a suspensión das axudas a SNL e desmárcase da Rede de Dinamización Lingüística

Fegamp
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) tampouco acudiu, ao igual que a CTNL, á constitución da Rede de Dinamización Lingüística, en sinal de protesta pola suspensión das axudas a SNL municipais e para desmarcarse dese Rede


En declaracións do seu presidente, Carlos Fernández, a Europapress, a entidade que agrupa os concellos galegos, a Fegamp, decidiu non asistir ao acto de constitución da Rede de Dinamización Lingüística que tivo lugar o pasado 28 de outubro "por coherencia", pois despois de que a Xunta anunciara a suspensión das axudas para a normalización lingüística nos concellos, a constitución desa rede considéraa un "paripé".

Igual que fixo a CTNL, o presidente da Fegamp tamén declinou asistir a ese "acto folclórico" por "coherencia" tras a retirada das subvencións aos municipios, e considerou "un contrasentido" que a Xunta "monte unha operación de imaxe ao crear unha rede sen contido económico e sen ningún compromiso" mentres "abandona" o "traballo real" que se leva a cabo dende o ámbito local para normalizar o uso do galego.

Segundo informa Europapress, a retirada por parte do Goberno galego das axudas para o fomento da lingua nos concellos supón un risco tamén para "un montón de actividades" pensadas para fomentar o uso do galego. Nas administracións públicas, nos establecementos hostaleiros e nos colexios, ademais de cursos para emigrantes para que poidan aprender o idioma de Galicia. "O abano de actuacións é enorme", describiu.

Non obstante, o "complicado" da actual situación económica fai "perigar a súa continuidade", toda vez que as administracións locais "non adoitan ter medios para facer fronte" en solitario" ao gasto que levan consigo. "Por responsabilidade, algúns apertaranse aínda máis o cinto e porán fondos propios, pero outros non poderán", evidenciou, tras puntualizar que a dinamización lingüística "non é unha competencia municipal".

En todo caso, a Fegamp ve "chocante" é que se retiraran os fondos a unha rede xa existente "o mesmo ano" que crea outra nova "sen ningún fundamento".

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego