CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


3422 votos
Votar | | | |


13-12-2011

¿Os xornais en galego restan?

OPINIÓN: por Charo Baleirón Sóñora

Charo Baleirón Sóñora
Hai unhas semanas asistín a unhas xornadas, organizadas polo SNL da USC e pola Facultade de Ciencias da Educación, en torno ao imaxinario social do galego e os prexuízos lingüísticos. Unha boa ocasión para reflexionar sobre a nosa lingua e a situación pola que atravesa e onde se demostrou o bo facer dos seus organizadores...


Nunha das mesas de traballo, saíu a relucir o tema da desaparición dos medios xornalísticos impresos en galego e aquí foi onde xurdiu a miña sorpresa. Comentouse que no caso da desaparición d’A Nosa Terra se debeu a unha mala xestión e que, no caso de Galicia Hoxe, “unha cabeceira residual e cunha tiraxe de só 3 000 exemplares” [...] “estaba aí para chupar subvención e, ademais, non era un produto de calidade”.

Non podo evitar amosar a gran decepción que sufrín ao escoitar este comentario en boca de persoas moi formadas intelectualmente e, obxectivamente, comprometidas coa lingua e coa súa cultura.

O caso é que podo estar de acordo con que unha das razóns da existencia da cabeceira Galicia Hoxe fose que “quería chupar subvención”, e digo eu: ¿cal non? Nesta cultura de subvencións, reciben e recibiron axudas todos os medios de comunicación (non coñezo ningún que non as solicitara, que non as aceptara e menos aínda que as rexeitara, tanto no ámbito comunitario coma no estatal). Cousa distinta é se estamos a prol ou en contra da cultura subvencionada, que tipo de cultura queremos, que medios de comunicación arelamos etc.

Co que me amoso en total desacordo é co feito de ningunear un xornal por ter unha tiraxe mínima e tamén coa segunda afirmación: “era un produto sen calidade”. No primeiro caso, porque considero que os que estamos comprometidos coa lingua e co país somos moi conscientes dos prexuízos que existen en torno á lingua e ós seus falantes –e trabállase moito en intentar desbancalos- pero non tanto de que estes mesmos prexuízos existen en torno ós medios escritos nese idioma e, ás veces, incluso en torno á nosa literatura.

Un mundo normalizado en galego implica -polo que eu entendo- que este idioma exista en todos os ámbitos e que nel se expresen, libremente, as persoas desde distintas tendencias, mesmo as que consideramos contrarias ás nosas ideoloxías, ás nosas crenzas e ós nosos principios. Ata aquí todos de acordo. Isto lévame a unha conclusión que, ata ese día, me parecía evidente: o mesmo que as linguas suman e non restan, os medios tamén suman, nunca restan (digo eu).

A realidade, neste momento, é que non existe ningún xornal diario –os sete días da semana- escrito en galego. Nin bo, nin malo. Ningún. De todos os xeitos, non pasa absolutamente nada. É mellor que non haxa a que haxa produtos sen calidade. É unha visión aceptable como outra calquera.

En canto a que se trataba dun produto de baixa calidade, tampouco estou de acordo. Na elaboración da cabeceira había 17 persoas totalmente involucradas co seu traballo, a maioría novas e a maioría mulleres (nin bo nin malo, unha realidade). Eran, e son, xornalistas moi formados, cos pés na terra e totalmente somerxidos cun proxecto que supoñía “facer país”, un proxecto que se facía “en galego e dende o galego”. Uns profesionais con obxectivos á vista e cunha conciencia moi clara da Galicia na que viven e dos pros e contras de facer xornalismo, dende unha empresa privada cunhas determinadas características e co vento en contra, para Galicia e desde o galego, que loitaron moito por sacar información seria, distinta, ousada -en moitas ocasións en contra dos criterios dos seus superiores– . Non, non podo estar de acordo con que non se ofrecía un produto de calidade. Rotundamente, non. Paréceme imposible que unha mente liberada de prexuízos que lese o xornal durante unha ou dúas semanas seguidas, que o comparase con outras cabeceiras que están na fura de diante, ou estaban, chegase a esa conclusión.

De todos os xeitos, aínda que eu sufrise unha “especie de síndrome de Estocolcompañeirista” e estivese errada, seguiría en desacordo porque, insisto unha vez máis: os medios sempre suman, non restan. Se non partimos desta base, mal imos.

Todos temos prexuízos e tendemos a simplificar de máis certas situacións, eu a primeira. O malo disto é que ás veces descubrímolos onde menos os esperamos, nas persoas que admiramos e, por suposto, en nós mesmos.

Neste momento, coa que está a caer, sen medios en galego (¡longa vida aos dixitais!, e a todos os que veñan da tendencia que sexan e defendan o que defendan dentro dos límites impostos polo respecto aos demais e pola liberdade ben entendida), reflexións como as que escoitei fanme preguntarme se realmente todos entendemos o mesmo cando falamos de “normalización”, “escalar chanzos”, “manter a presenza en todos os ámbitos”, “respectar as minorías”, “salvar prexuízos”, “promover o idioma”, etc., etc., etc.

Nada máis, só me queda dicir que eu son unha desas dezasete persoas que formaban o cadro de persoal de Galicia Hoxe. Era unha simple correctora que, dende o 6 de xaneiro de 1994 co nacemento de O Correo Galego, estivo totalmente entregada ó seu traballo (unhas veces con máis éxito ca outras, todo hai que dicilo) e que cría firmemente que valía a pena o que estaba a facer, aínda que só fose unha persoa, desa tiraxe residual de 3 000, a que lese as páxinas do Galicia Hoxe.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego