CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9884 votos
Votar | | | |


21-12-2011

A Xunta quere desmantelar o traballo a prol da lingua cuns orzamentos insultantes para o galego

A Xunta quere desmantelar o traballo a prol da lingua cuns orzamentos insultantes para o galego
O orzamento da SXPL para 2012 redúcese bruscamente unha vez máis e chega a mínimos históricos. O goberno galego dedicaralle á lingua en 2012 menos da metade do que se lle dedicaba hai unha década. Estes orzamentos promoven o peche de SNL, a anulación de proxectos, a paralización de actividades de dinamización, etc. En definitiva, pretenden desmantelar o proceso de fomento da lingua galega


A Xunta recorta drasticamente, unha vez máis, os orzamentos dedicados á Política Lingüística, que caen a mínimos históricos, e que xa nin sequera chegan á metade do que eran hai unha década, o que desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) se considera un auténtico insulto ao galego e ao proceso de normalización lingüística.

Desde a CTNL, entidade que agrupa os/as traballadores/as de normalización da lingua, considérase que os orzamentos da Xunta para 2012 demostran, unha vez máis, que o goberno galego só está disposto a dar pasos atrás no proceso de fomento da lingua galega, e nesta ocasión de maneira brutal, poñendo en grave perigo as xa escasas e precarias estruturas existentes ata o momento para darlle soporte á lingua galega.

Cadro-resumo dos orzamentos da SXPL en 2005-2009-2011-2012 (.pdf) >

A metade dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos, en grave perigo de desaparición
Os servizos de normalización lingüística (SNL) son os departamentos que desenvolven o traballo técnico de cara a avanzar no consensuado proceso de normalización da lingua galega. Un traballo necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía. Os SNL contribúen a difundir do xeito máis próximo entre a poboación, por exemplo, as creacións culturais galegas, desenvolven accións de dinamización e fomento da lingua, achéganlle á poboación máis nova alternativas de lecer en galego, difunden e xestionan os cursos de formación en lingua galega, velan pola calidade lingüística e comunicativa das institucións, etc.

Así, os SNL son as estruturas máis eficaces para o fomento da lingua e están distribuídos por todo o territorio galego, mais a Xunta, lonxe de apoialos decididamente, semella que quere fomentar a súa desaparición, o que se demostra coa eliminación das axudas no ano 2011 e coa escasa partida orzamentaria que se lle dedica en 2012, de 520.000 para dúas anualidades (2011 e 2012) e para todos os concellos do país, o que supón unha contía ridícula por ano e concello.

Ademais, isto súmase á incoherente Rede de Dinamización Lingüística, da que pode formar parte calquera concello sen ningún tipo de requisito, incluso pechando o seu SNL e despedindo o seu persoal, tal e como está acontecendo actualmente en varios concellos co beneplácito desa Rede e dos seus responsábeis.

Este escaso apoio aos SNL súmase á redución á cuarta parte da axuda por parte da Deputación da Coruña, o que provocará o peche da metade de SNL desta provincia.

Hai unha década, cos gobernos de Fraga, dedicábaselle ao fomento do galego preto de 20 millóns de euros. Con Feijóo e Anxo Lorenzo, nin a metade
Os orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística de Anxo Lorenzo de 2012 (8 millóns de euros) son nun 60% inferiores aos de, por exemplo, a Dirección Xeral de Política Lingüística de Xesús Paulo González Moreiras de 2005 (case 20 millóns de euros). Así, mentres no ano 2005 o goberno lle dedicaba á lingua galega o 0,23% do total dos orzamentos da Xunta, o goberno de Feijóo e Anxo Lorenzo só lle quere dedicar un terzo diso, o 0,089%.

Fortes recortes en todos os ámbitos: formación, campañas de normalización, ensino, asociacións...
Todas as accións da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) sofren un importantísimo recorte. Así redúcense drasticamente as partidas para accións de promoción da lingua desde asociacións sen ánimo de lucro (-59%), para cursos e actividades de formación (-18%), para os equipos de normalización dos centros de ensino (-33%), para campaña de normalización (-18%), etc. E, todo isto, sumado ao recorte xeral do 40% que estes orzamentos xa sufriron en 2011.

Curiosamente, a única partida que sobe en 2012 é a de estudos e traballos de investigación, o que exemplifica claramente a nula planificación do secretario xeral, que cando máis fai falta intervir para fomentar o galego, reduce os cartos para a intervención (campañas de normalización, SNL, etc.) e aumenta a investigación.

Perda de peso da política lingüística e incoherencias do secretario xeral
Desde a CTNL lembrámoslle ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, unha vez máis, as recomendacións que incluía a Análise da acción de política lingüística da anterior lexislatura asinada, entre outras persoas, tamén por el, e presentada en febreiro de 2009 nos XI Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega. Entre esas recomendacións, dunhas delas dicían, textualmente:

-“A Xunta de Galicia ten que destinar máis recursos para a política lingüística. Consideramos que para a vindeira lexislatura se debería chegar a un mínimo do 0,3% do orzamento total da Xunta” (cando os de 2012 supoñen tan só o 0,089%, menos dun terzo do que Anxo Lorenzo recomendaba hai tres anos)

-“O Consorcio para a Planificación Lingüística faise cada vez máis necesario. Na vindeira lexislatura é imprescindíbel a súa constitución, con obxectivos normalizadores claros, con suficiente dotación orzamentaria, con suficientes recursos humanos multidisciplinares e cunha rede de centros territoriais distribuídos por todas as comarcas” (e non só non se crea un consorcio con centros territoriais, senón que crea unha Rede de Dinamización Lingüística que fomenta o peche dos existentes, e sen dotación orzamentaria nin de recursos humanos)

Por todos estes motivos, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pedimos unha rectificación por parte do goberno para que este proxecto de orzamentos sexa modificado e non se desmonte o xa precario traballo a prol da lingua.


Ligazóns relacionadas


Cadro-resumo dos orzamentos da SXPL en 2005-2009-2011-2012

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego