27-12-2011Resolución das axudas á tradución de libros desde e para o galego
A Consellería de Cultura e Turismo publica, no DOG do 27 de decembro de 2011, a resolución das axudas á tradución de libros desde o galego ou para o galego no período 2011-2013
Segundo esta
resolución (.pdf), a Xunta dedicaralle nese trienio 2011-2013 menos de 200.000 € a axudas á tradución: sobre 100.000 € á tradución de obras doutras linguas ao galego e menos de 75.000 € á tradución de obras galegas a outras linguas.
Algúns dos libros que, segundo a resolución, está previsto que se publiquen en galego son, por exemplo,
O meu nome é vermello, de Orhan Pamuk; varios de Flann O´Brien ou Robert J. Sawyer;
O asasino dentro de min, de Jim Thompson; ou
A casa de bonecas, de Henrik Ibsen.
E algúns dos libros que, tamén segundo a resolución, está previsto que se traduzan a outras linguas son, por exemplo,
Pirata, de María Reimóndez, ou
Spam, de Francisco Castro, ao italiano;
A sombra cazadora, de Suso de Toro, ao inglés; ou
Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, ao búlgaro.
A resolución completa, en .pdf, aquí >