CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


7833 votos
Votar | | | |


04-01-2012

Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
Despois do peche de 16 SNL e catro meses despois de que foran suspendidas as anteriores e anunciada unha nova orde, a Xunta convoca as axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O prazo de solicitude remata o 4 de febreiro


Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
(DOG n.º 3 do 4 de xaneiro de 2012)

MODALIDADES
1. Creación dun servizo de normalización lingüística dun concello.
2. Creación dun servizo de normalización lingüística dun agrupamento de concellos.
3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística dunha entidade local (sempre que o SNL estea "en funcionamento na data de publicación desta convocatoria de subvencións").
4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística (concello ou agrupamento de concellos).

DESTINATARIOS
-Concellos ou agrupamentos de concellos cun mínimo de 3.000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS
-Do 1 de xaneiro de 2011 ao 15 de outubro de 2012

PRAZO DE SOLICITUDE
-Até o 4 de febreiro de 2012

CRITERIOS DE VALORACIÓN
-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN
-Deporte
-Mocidade
-TIC
-Economía
-Servizos sociais

ORZAMENTO
-O orzamento total que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos e para os dous anos, é de 520.000 euros

A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >

Estas axudas convócanse despois da anulación das correspondentes ao ano 2011, do anuncio dunha nova convocatoria "nas próximas semanas" que a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo a principios do mes de setembro de 2011 e do peche de, cando menos, 16 servizos de normalización lingüística, provocado pola suspensión da convocatoria de 2011 e pola tardanza da publicación da nova. Máis información sobre isto, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego