23-01-2012Festival de apoio ao SNL e demais servizos públicos de Ames
Sés, Som do Galpom, Federico Pérez, Celso F. Sanmartín, Séchu Sende, etc., son algúns dos participantes no festival en apoio dos servizos públicos de Ames, que terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 20.15 h, na Casa da Cultura de Bertamiráns
Ante a proposta do goberno de peche de diversos servizos do Concello de Ames, entre os que está o Servizo de Normalización Lingüística (SNL), o Comité de Empresa organiza un festival de apoio ao mantemento destes servizos públicos.
Música, poesía, contacontos, monólogos e comunicados. Con este acto a organización pretende facer unha chamada de atención ao goberno de Ames para que desista da súa proposta de peche dos servizos municipais de Normalización Lingüística, Animación á lectura, parte do Servizo de Bibliotecas, Brigada de Medio Ambiente e Radio Municipal e para que reconsidere a proposta de despedimentos.
O acto estará presentado por Nazaret López e contará coa participación de:
-María Xosé Silvar, Sés, acompañada por Xabier Olite
-Som do Galpom
-Celso Sanmartín
-Federico Pérez
-Carlos Negro
-Séchu Sende
-Divina Fernández
-Bibiana Calvo
-Manel Pardo
-Alba Nogueira
-Nel Vidal (CTNL)
-Rosa Aneiros (Colexio de Xornalistas)
-Enrique Sanfiz (Sonradiofusión)
-Santiago Montes (Sindicato de Xornalistas de Galicia)
Todas as persoas que colaboran no acto fano de xeito desinteresado e totalmente de balde. A entrada é gratuíta. Os organizadores animan a toda a veciñanza amiense e da comarca a que acuda a este festival para expresarlle ao goberno de Ames a súa oposición ás medidas anunciadas de peche de servizos e despedimento de traballadores.