30-01-2012Concursos de vídeo, manifesto, banda deseñada, Galeoke e Cantalingua para o Correlingua 2012
Galego, todo o que buscas, é o lema do Correlingua 2012, que xa ten abertos os prazos de participación para os seus diversos concursos: vídeo, Galeoke, manifesto, banda deseñada e Cantalingua
Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.
Xa están abertos os prazos para diversos concursos:
Concurso de vídeoEu falo galego porque... Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados na páxina web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, twiter...). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.
-Prazo de presentación: até o
1 de abrilBases completas do concurso de vídeo (.pdf) >Concurso de GaleokeO Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke! Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino, e seguro que farán un Correlingua ben máis divertido!
Concurso para o manifestoA partir do lema "Galego, todo o que buscas", o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2012.
-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
-Prazo de
inscrición: até o
1 de febreiro-Prazo de
envío de traballos: até o
15 de febreiroBases completas do concurso de manifesto (.pdf) >Concurso de banda deseñadaOs/as alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema " Galego, todo o que buscas".
-Prazo de
inscrición: até o
1 de febreiro-Prazo de
envío de traballos: até o
15 de febreiro-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
Bases completas do concurso de banda deseñada (.pdf) >CantalinguaConcurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego.
-Prazo: até o 10 de abril
-Premio: 14 concertos, pagados a 700 euros cada un
Info completa en
www.cantalingua.orgInformación completa sobre o Correlingua en
www.correlingua.org