CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8015 votos
Votar | | | |


30-01-2012

Concursos de vídeo, manifesto, banda deseñada, Galeoke e Cantalingua para o Correlingua 2012

Correlingua 2012
Galego, todo o que buscas, é o lema do Correlingua 2012, que xa ten abertos os prazos de participación para os seus diversos concursos: vídeo, Galeoke, manifesto, banda deseñada e Cantalingua


Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.

Xa están abertos os prazos para diversos concursos:

Concurso de vídeo
Eu falo galego porque... Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados na páxina web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, twiter...). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.
-Prazo de presentación: até o 1 de abril
Bases completas do concurso de vídeo (.pdf) >

Concurso de Galeoke
O Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke! Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino, e seguro que farán un Correlingua ben máis divertido!

Concurso para o manifesto
A partir do lema "Galego, todo o que buscas", o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2012.
-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
-Prazo de inscrición: até o 1 de febreiro
-Prazo de envío de traballos: até o 15 de febreiro
Bases completas do concurso de manifesto (.pdf) >

Concurso de banda deseñada
Os/as alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema " Galego, todo o que buscas".
-Prazo de inscrición: até o 1 de febreiro
-Prazo de envío de traballos: até o 15 de febreiro
-Premio: unha viaxe para o grupo gañador
Bases completas do concurso de banda deseñada (.pdf) >

Cantalingua
Concurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego.
-Prazo: até o 10 de abril
-Premio: 14 concertos, pagados a 700 euros cada un
Info completa en www.cantalingua.org

Información completa sobre o Correlingua en www.correlingua.org

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego