CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8957 votos
Votar | | | |


30-03-2012

Organizacións estudantís convocan folga no ensino o 19 de abril en defensa do galego

Organizacións estudantís convocan folga no ensino o 19 de abril en defensa do galego
Os Comités, a Liga Estudantil Galega, o Sindicato de Estudantes e a Mocidade pola Normalización Lingüística convocan unha folga estudantil no ensino medio para o vindeiro 19 de abril en defensa do "dereito a aprender en galego"


#19Aestudantespologalego

Segundo anuncian desde o web da Mesa, co lema central da convocatoria "Paremos os ataques contra o galego" e o hashtag nas redes sociais #19Aestudantespologalego, as organizacións convocantes do paro estudantil denuncian o "gran retroceso" que está a padecer a lingua propia nas diferentes etapas educativas desde a entrada en vigor do mal chamado decreto para o plurilingüismo.

"Case dous anos após a súa implantación, faise moi evidente que este foi e segue a ser un decretazo contra o galego", sosteñen as organizacións impulsoras desta folga do alumnado, que denuncian que na maioría dos casos o uso real do galego nas aulas está "moi por debaixo" da teórica marxe 33-50% (dependendo do grao de interodución da lingua estranxeira) garantida legalmente e que en moitos centros "nin sequera chega ao 20%" sobre o total das horas semanais impartidas.

Os convocantes do paro tamén denuncian como "especialmente preocupante" a "precaria" situación do galego en moitos dos ciclos formativos e no ámbito das ensinanzas especiais ou na Educación Permanente de Adultos (EPA). "O galego non se emprega nas aulas e nin sequera existen materiais ou recursos de apoio na nosa lingua", sinalan.

Outro dos motivos da chamada á folga será exixir do goberno da Xunta que "poña fin á prohibición" de impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en galego, como estabelece o actual decreto ao sinalar que esas materias deberán ser ministradas en castelán. As organizacións convocantes do paro estudantil recordan que o galego é o único sistema educativo dun territorio do Estado con lingua propia que "prohibe" o uso desta en determinadas áreas e consideran "impresentábel" que desde o executivo autonómica se diga que todo funciona con "normalidade". "Para a Xunta, normalidade é sinónimo de laminación do galego", aseveran.

Na folga estudantil do vindeiro 19 de abril, que será de toda a xornada, está chamado a participar o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

As organizacións convocantes iniciarán nos próximos días unha intensa campaña a través das redes sociais e nos propios centros, porén sinalan que esta irá "alén da data da folga" e comprenderá tamén un chamado á participación activa de todo o estudantado na manifestación convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela pola Plataforma Queremos Galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego