CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7925 votos
Votar | | | |


18-04-2012

Co lema "Galego. Todo o que buscas", comeza o Correlingua 2012

Correlingua 2012
As carreiras pola lingua partirán de Ourense o 2 de maio e percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza


Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron en Santiago de Compostela a decimo terceira edición do Correlingua, que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema "Galego. Todo o que buscas". No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada, o CEE O Pino e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e de Vídeo o IES Mosteirón de Sada

Marta Dacosta, coordinadora do Correlingua, agradeceu a participación do profesorado, do alumnado e o apoio tamén dos pais e nais explicou que estas actividades previas á celebración do Correlingua queren ser unha reflexión sobre a situación do idioma e as actividades que se poden pór en marcha para estender o seu uso. Marta Dacosta referiuse a calidade dos traballos presentados e destacou que a mocidade é quen de "pór o acento nas cuestións máis candentes, desta volta, por exemplo, a desaparición de cabeceiras de medios de comunicación en galego".

No acto, Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino referiuse ao profesorado como a vangarda na loita pola normalización lingüística. "Sen vós sería imposíbel que o idioma teña a presenza que hoxe ten no ensino". Que o galego e a lingua que nos une e que en galego podemos facer todo o que queiramos son, en palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa po Normalización Lingüística tamén presente no acto, as dúas ideas centrais do Correlingua e da manifestación que se celebrará o vindeiro día 17 polas rúas de Compostela.

Por outra banda, a tenenta de alcalde de Ourense, Isabel Pérez González, referiuse a importancia de que as administracións se impliquen de maneira decidida nesta iniciativa e lamentou a decisión do Concello de Santiago que por vez primeira deixa de apoiar o Correlingua. No mesmo sentido manifestouse tamén Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística no Concello de Pontevedra, que se referiu ao compromiso desta institución con aquelas actividades en defensa da lingua "un compromiso que se fai máis forte agora que estamos asistindo a ataques continuos ao galego".

O Correlingua vénse celebrando de xeito regular desde o 2000 aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais. Na actualidade está organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

As carreiras pola lingua partirán de Ourense e percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza. Cada unha das carreiras rematará cunha festa pola lingua que contará con actuacións teatrais e musicais por parte dos artistas convidados e do propio alumnado.

Toda a info en www.correlingua.org

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego