19-04-2012A CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras
Coa finalidade de que nazan proxectos de todo tipo para o fomento do galego, a CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de traballo e intercambio para que traballadoras/es de normalización lingüística poidan madurar e desenvolver ideas e proxectos. A xuntanza inicial deste Viveiro terá lugar o 30 de maio
O
Viveiro de propostas normalizadoras é un espazo de intercambio de ideas e traballo conxunto para que os traballadores e as traballadoras de normalización lingüística poidamos poñernos en contacto, coñecer e presentar propostas e ideas de accións normalizadoras, buscar xente coa que intercambiar impresións e colaborar na maduración e posta en marcha desas propostas, etc. A idea é que deste espazo ou laboratorio nazan e se poidan desenvolver actividades, accións, campañas, obradoiros, produtos normalizadores, etc.
Para poñer en marcha o Viveiro, a CTNL convoca unha xuntanza na que se pode participar tanto presentando ideas como asistindo para coñecelas coa intención de colaborar nalgunha(s). E, a partir de aí, créase un grupo de traballo para cada un dos proxectos que estará formado por todas as persoas interesadas en colaborar no seu desenvolvemento e coordinado pola persoa que o propuxo.
Esa xuntanza inicial de posta en marcha do Viveiro terá lugar o
mércores 30 de maio de 2012, ás 17.30 h, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (Aula 12), e pódense enviar proxectos para participar nela até o
23 de maio.
Se che interesa esta proposta, podes coñecer máis información, inscribirte e descargar a ficha de envío de propostas aquí>