CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11057 votos
Votar | | | |


25-04-2012

A creatividade audiovisual no ensino ten premio! Ouff Escola 2012

A creatividade audiovisual no ensino ten premio! Ouff Escola 2012
No marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), convócase o IV Certame de Cinema OUFF Escola, para impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade. Pode participar alumnado de infantil, primaria e todos os demais niveis non universitario con vídeos orixinais



O Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense convocan o IV Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 17ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración con Ponte...nas Ondas!.

O IV Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Os vídeos que se presenten deben ser orixinais, de ficción, documental ou animación, de temática libre, en galego e cunha duración máxima de 20 minutos.

O vídeos deben enviarse antes do 29 de xuño de 2012.

Bases, formularios de inscrición e traballos presentados en edicións anteriores, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego