CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


CTNL  (21-10-2024)

En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai: lembranza de Marta Souto

Marta Souto

Marta Souto González, técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo e socia fundadora da CTNL, deixounos o pasado venres. Traballadora incansable, sempre colaboradora e unha pioneira no labor normalizador desde as administracións locais, temos moito que agradecerlle. Ela, xunto con outras persoas, soubo ver a necesidade de contarmos cunha entidade asociativa para compartir experiencias e recursos, formarnos e ter voz conxunta e acabou impulsando a CTNL a partir dunhas xornadas de dinamización en Vigo.

Segue
Convocatorias  (21-10-2024)

A Deputación da Coruña convoca as axudas do ano 2025 para o persoal técnico dos SNL

Deputación Provincial da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña anunciou nos BOP do 16 e do 18 de outubro a convocatoria de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico de normalización lingüística en 2025. O prazo de presentación de solicitudes é do 21/10/2024 ás 08:00 h ao 21/11/2024 ás 14:00 h.

Segue
Lingua  (20-10-2024)

Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha gran mobilización o vindeiro 17 de novembro en Compostela, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego, en resposta aos datos sobre o uso e o coñecemento do galego publicados polo IGE o pasado 11 de outubro.

Segue
Lingua  (09-10-2024)

O 26 de outubro celebramos en Compostela dez anos de LGx15

LGx15 décima edición

O vindeiro 26 de outubro chegamos á décima edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para difundir ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Teatro Principal de Compostela ás 19.00 h, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, o Concello de Santiago de Compostela, e Deleite e a Fundación Galicia Sustentable.

Segue
CTNL  (30-09-2024)

Comunicado da CTNL no vixésimo aniversario do PXNLG

Plan xeral de normalización da lingua galega

O pasado 21 de setembro fixéronse 20 anos da aprobación por unanimidade no Parlamento de Galicia do Plan xeral de normalización da lingua galega. Dúas décadas despois, as 400 medidas que recolle o documento "para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego" continúan sen aplicarse e, por tanto, os obxectivos establecidos no plan tampouco se acadaron.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego